ORQUESTRA CLÁSICA

25abr18:1520:0017 grupos folclóricos actúan na rúa polo Día Internacional da DanzaESPECTÁCULOS | De balde18:15 - 20:00(GMT+02:00) Vigo

Detalles do eventos

A cidade de Vigo adianta ao sábado 25 de abril a conmemoración do Día Internacional da Danza cun programa de actuacións simultáneas en varios puntos da cidade e un acto central na rúa Príncipe.

O acto central terá lugar ás 18:15 horas, fronte ao museo MARCO, onde se dará lectura ó manifesto do Día Internacional da Danza.

A partir das 18:30 horas, desenvolveranse actuacións simultáneas en cinco localizacións da cidade: Bouzas, Calvario, Navia, Travesas e a propia rúa Príncipe; cun total de 17 grupos folclóricos que actuarán en quendas de 15 minutos:

  • Rúa Príncipe (acto central): Traspés, Airiños do Coto, Os Ventos de Comesaña e Lembranzas Galegas.
  • Bouzas: Corisco, Valadares, O Fiadeiro e A Buxaina.
  • Calvario: Tarambainas, Froles Novas e Asubío.
  • Navia: Monteira e Andarela.
  • Travesas: Queixumes, Freixo e Helios.

A Agrupación de Centros Culturais de Vigo organiza estes actos desde o ano 2012. A iniciativa pon en valor o traballo das asociacións culturais e a súa contribución á preservación do patrimonio inmaterial galego. Esta proposta achega a danza tradicional galega ao espazo público, favorecendo o contacto directo coa cidadanía, mantendo un formato aberto, próximo e accesible.

Hora

25 abril, 2026 18:15 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Vigo

36201 Vigo, Pontevedra

Other Events