'13 estampas de la traición' de Luis Seoane – A Movida

outubro, 2018

26out(out 26)19:0924feb(feb 24)14:00'13 estampas de la traición' de Luis SeoaneEXPOSICIÓN TEMPORAL | De balde(outubro 26) 19:09 - (febreiro 24) 14:00 Fundación Laxeiro

Máis

Detalles do evento

Trátase dunha produción da Fundación Luís Seoane que, despois de expoñerse na súa sé n’A Coruña, visita agora Vigo. A exposición, comisariada por María Antonia Pérez e Silvia Longueira, é unha revisión do contexto histórico, político e cultural do ano 1937, no que se publica o que é o primeiro álbum de debuxos de Luís Seoane, titulada ’13 estampas de la traición’. A exposición conta con obra de Luís Seoane, Manuel Colmeiro e numerosa documentación gráfica e bibliográfica con obras de Castelao, Arturo Cuadrado, Arturo Souto, etc. Ademais dun adiovisual, realizado por Juan de la Colina, no que comenta cada unha das trece estampas.

A mostra estará ata o 24 de febreiro.

Horario:
De luns a venres: 18:00–21:00
Sábado: 12:00–14:00 e 18:00–21:00
Domingo: 12:00–14:00

Hora

Outubro 26 (Venres) 19:09 - Febreiro 24 (Domingo) 14:00

Lugar

Fundación Laxeiro

Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

X