11F. Charla interxeracional
Detalles do eventos
Dentro da programación de actividades que a Universidade de Vigo organiza co gallo da celebración o 11 de febreiro do Día internacional da muller e a nena na
Detalles do eventos
Dentro da programación de actividades que a Universidade de Vigo organiza co gallo da celebración o 11 de febreiro do Día internacional da muller e a nena na ciencia, o edificio Redeiras acolle unha charla interxeneracoinal que ten como finalidade poñer en contacto investigadoras de diferentes xeracións para compartir as súas experiencias como mulleres na ciencia. O debate comeza ás 19.00 horas no segundo andar do edificio e será de acceso libre ata completar a capacidade da sala.
Nesta charla participarán Talía Rodríguez, do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade; Cristina Delgado, do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal; Susana Reboreda, da Área de Historia Antiga e Carmen García Mateo, catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións e investigadora de atlanTTic. Moderará o debate Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais.
Máis
Hora
9 febreiro, 2022 19:00(GMT+02:00)
Localización
Edificio Redeiras
Praza do Berbés
Hoxe móvese
Séguenos nas redes