REVISTA ABRIL

100 anos de RC Celta. Gol e Arte

24xan(xan 24)10:0019mar(mar 19)20:00100 anos de RC Celta. Gol e ArteARTE E MUSEOS | De balde(xaneiro 24) 10:00 - (marzo 19) 20:00(GMT+01:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

O museo súmase ás celebracións do Centenario do RC Celta a través da organización desta exposición temporal que conta cunha selección estudada dos fondos pictóricos da Fundación Celta de Vigo, obras de grandes pintores galegos, algunhas delas relacionadas con temas marítimos.

Con esta mostra, tanto o Museo como o Celta, queren estreitar lazos de colaboración futuros, do mesmo modo que incidir en que a entidade celeste é moito máis ca un club de fútbol, pois tamén é un exemplo de institución preocupada polo fomento da cultura no seu territorio.

Posiblemente este sexa o fin último desta exposición temporal da Fundación Celta de Vigo no Museo do Mar de Galicia, mostrar a toda a cidadanía viguesa, así como a toda Galicia en xeral, unha selección dos fondos pictóricos que atesoura e coida nas súas instalacións.

  • CANDO: a partir do martes 24 de xaneiro de 2023
  • HORARIO: no horario de apertura do museo
  • ONDE: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia

Día Horario
Luns  Pechado
Martes a venres 10-14 e 16 a 19
Sábados, domingos e festivos 11-14 e 17-20

Máis

Hora

Xaneiro 24 (Martes) 10:00 - Marzo 19 (Domingo) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events