10 anos de exposicións no Concello de Vigo – A Movida

novembro, 2018

15nov(nov 15)09:0031dec(dec 31)13:3010 anos de exposicións no Concello de VigoEXPOSICIÓN | De balde(novembro 15) 09:00 - (decembro 31) 13:30 Concello de Vigo

Máis

Detalles do evento

A Alcaldía do Concello de Vigo converteuse xa por dereito propio nunha sala de exposicións do máis alto nivel, grazas ao traballo realizado durante o últimos dez anos a través do programa MOSTRARTE. Por estas dependencias pasaron ilustres do panorama pictórico galego ( Laxeiro, Lodeiro, Antonio Quesada, Solveira, Leopoldo Varela, Barreiro, Mingos Teixeira…) así como tamén novas promesas e creadores visuais doutras disciplinas como a fotografía ou o gravado, ata un total de 151 artistas.

O protagonismo que asume a arte e a cultura na participación social e nos procesos de transformación da cidade require desenvolver ferramentas de análises e de creación transversal cara á intervención do espazo público desde a perspectiva da cidade, dos fluxos e dos intercambios, porque no espazo público conflúen intereses diversos procedentes da comunidade local, das empresas, das institucións culturais e da sociedade en xeral. Hoxe, moitas institucións déronse conta desta realidade e é frecuente xa a existencia e apertura de espazos culturais en zonas comúns de todos os cidadáns, para apoiar directa ou indirectamente aos creadores e dar así a coñecer as súas manifestacións artísticas. Moitas veces, as propias institucións municipais ou rexionais habilitan e mesmo rehabilitan espazos que lle son propios, converténdoos en salas de exposicións e lugar de encontro para actividades culturais que non só promoven a participación cidadá senón que, moitas das veces, fan posible atesourar un patrimonio artístico da propia institución, froito das doazóns dos artistas en agradecemento por facilitarlles espazos onde mostrar as súas creacións. Esta é precisamente a razón pola que xurdiu hai 10 anos a idea de utilizar as dependencias da Alcaldía como espazo expositivo.

A exposición é aberta a todo o público, e poderase visitar durante os próximos dous meses.

A exposición está aberta ao público, e se poderá visitar durante os próximos dous meses en horario de oficina. De luns a venres de 09:00 a 13:30
Para visitas noutro horario pódese chamar antes ao 986 810 105 / 986 810 106

Hora

Novembro 15 (Xoves) 09:00 - Decembro 31 (Luns) 13:30

Lugar

Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X