CANS

29abr11:3013:30O Mercado Progreso celebra o seu décimo aniversarioGASTRO | De balde11:30 - 13:30(GMT+02:00) Mercado do Progreso

Detalles do eventos

O Mercado Progreso cumpre dez anos de traxectoria e, para festexar esta década de actividade, organizou un completo programa de eventos abertos a todo o público. Baixo o lema ‘Cumprimos 10 anos’, a entidade quere agradecer a fidelidade dos seus clientes cunha serie de experiencias culinarias de alto nivel coas que compartir esta data tan especial.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES:

  • Martes 28 de 11:30h a 13:30 h: A celebración comeza cunha ruleta de agasallos para os asistentes e un showcooking de sushi fusión dirixido polo chef Diego Novas.
  • Mércores 29 11:30h a 13:30 h: A xornada estará dedicada á cociña italiana cun obradoiro de pasta fresca impartido por Gian Carlos Murolo.
  • Xoves 30 11:30h a 13:30 h: A dozura será a protagonista nunha sesión de showcooking ou obradoiro de pastelería da man de Mr. Robinson.
  • Sábado 2 de 11:00 h a 14:00 h: Como peche da programación, o mercado acollerá un obradoiro de Ramen conducido por Ruth Mesonero (COMPLETO).

Hora

29 abril, 2026 11:30 - 13:30(GMT+02:00)

Localización

Mercado do Progreso

Rúa do Progreso, 28, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events