Estudantes de audovisuais de Vigo lanzan o concurso de bandas BateaSon
O alumnado do CIFP Audiovisual de Vigo lanza a V edición do BateaSon, o certame que aposta polo talento musical galego. Os grupos interesados en participar teñen que inscribirse antes do 14 de novembro.

Alumnas e alumnos dos ciclos de Realización, Produción, Imaxe e Son do CIFP Audiovisual de Vigo convocan a quinta edición do certame BateaSon co que buscan apoiar as bandas emerexentes de Galicia. A organización do evento forma parte dunha práctica interciclo, a través da cal o alumnado dá forma a un certame real e profesional.
Os galardóns desvelaranse nunha gala que se celebrará o 22 de xaneiro. Os grupos participantes optarán a gañar unha actuación en La Fábrica de Chocolate Club, un día de gravación en Planta Sónica, un Ukelele Asthon UKE500CACA cortesía de Musical Vigo, unha sesión de fotos no CIFP Audiovisual de Vigo e unha entrevista en Cadena Cope – Rock FM Vigo. O xurado estará formado por profesionais do panorama musical galego como Pancho Suárez, Quique Rodríguez e Juan Rivas.
Os grupos interesados en inscribirse poden facelo a través da conta de Instagram @bateason26 ou da web bateason26.webnode.es/ antes do 14 de novembro ás 23:59 h.



