bannerGaliciaIlusiona
bannerGFFF

Estas son as cervexas galegas que podes catar no Val Miñor Fest

Estes días o paseo da Ramallosa acolle a sexta edición do Val Miñor Fest, a feira da cervexa artesá. Do xoves 18 ao domingo 21 as persoas que se acheguen á feira poderán degustar 90 tipos diferentes de cervexa artesá. Nesta edición reúnense once das principais marcas do estado, seis delas galegas.

CERVEXAS NÓS

Cervexa Nós arrincou en 2013, cando dous amantes da cervexa de calidade de Vigo, decidiron convertir a súa paixón no seu xeito de vida. Todo empezou cando Raúl e Xulio fartos dos seus traballos no sector da automoción, decidiron abandoar a súa rutina e comezar un proxecto apaisoante rodeados de aromas a lúpulo e vapor de cebada malteada. Despois de moito esforzó e traballo conseguimos abrir unha cervexaría do Casco Vello no 2015, un ano despois abriron a cervexería da Rúa Fisterra, collendo a substitución dunha mítica cervexería de Vigo. Na actualidade, o noso equipo humano  xa o formamos 13 persoas e a nosa arela é medrar máis e máis sen perder a nosa paixón pola cervexa.

BANDA

A Fábrica de cervexa Banda naceu en Nigrán, como resultado da ilusión de dous irmáns, Andrés e Roberto Toledano, por crear unha cervexa que achegue frescura ao padal máis exquisito. Ao ano, fabrican en Nigrán, unha gama de 25 cervexas diferentes. Este verán están distribuíndo a cervexa promocional ‘Nigrán, equilibrio natural’. Recentementeabriron ao público a súa fábrica en Porto de Molle, con zona de degustación e venda ao público.

BUBELA ARTESÁ

A premisa desta marca de cervexa lucense é dar prioridade á calidade fronte á cantidade. Elaboran as cervexas seguindo as técnicas tradicionais, cos mellores ingredientes, procedentes de agricultura ecolóxica, paseniñamente e coidando todo o proceso. O resultado son 5 estilos con caracter galego: Bubela Trigo, Bubela Torrada, Bubela Moura, Bubela Totem e Espresso. Tódolos ingredientes empregados: cereais, maltes, lúpulos, especias, lévedos e calquera outro, son ingredientes naturais, da mellor calidade e frescura.

THE ONE

Estes cervexeiros de Sanxenxo coidan moito cada un dos ingredientes que empregan para elaborar a xervexa seguindo a receita familiar. A auga está é sometida a un proceso natural de purificación e filtrado; só empregan malta de recoñecida procedencia e con data de recolección, dentro do ano de elaboración, sen mesturas; contan con máis de 30 tipos de lúpulo traídos de máis de 10 países diferentes, xunto cos diferentes fermentos, que lles permite gozar dunhas sensacións para o padal que todo o mundo debería probar algunha vez.

ATLÁNTICA

Esta proposta ideada en Aldán pretende refrescar o noso padal e, de paso, alimentar a imaxinación. A particularidade da cervexa artesanal que venden os creadores de Mustache reside nos seus ingredientes e na transformación. Na súa receita hai auga do Atlántico e a terceira fermentación realízase baixo o mar, en bateas.

Banner A Movidiña

ÁNCORA

Esta marca artesana de Ourense reivindícase como ‘gypsy brewing’. E xusto hai uns meses que veñen de renovar tanto a marca como a equipa que está detrás, polo que esta feira é unha boa oportunidade para probar as súas novidades.

A gran novidade desta sexta edición é a volta ao formato pre-pandemia con zona de xogos populares, concertos a diario, obradoiros, sesións beer-mú e food-trucks. A programación completa de actividades está dispoñible nesta ligazón.

X