Empezar o ano con bo pé: cinco centros onde coidar o noso corpo

Publirreportaxe

O deporte e o coidado persoal figuran entre os propósitos máis comúns para o novo ano. Destacamos cinco propostas locais que se caracterizan pola súa profesionalidade e proximidade á hora de traballar.

A un paso da Alameda viguesa atópase Mussa – The Pilates Center, un espazo que redefine o concepto tradicional de exercicio para transformalo nunha auténtica «ciencia do movemento». Con dezaoito anos de traxectoria, este non é un ximnasio ao uso, senón un centro sanitario onde o pilates auténtico se integra coa fisioterapia para mellorar a calidade de vida dos seus usuarios.

A clave de Mussa reside no seu enfoque humano e profesional. Como nos explican as responsables técnicas Cíes, Eva e Vero, o seu labor vai máis alá de impartir rutinas: defínense como «terapeutas do movemento». «Nós rehabilitamos o movemento; non miramos tanto o nome da patoloxía, senón as restricións que esta xenera no movemento», sinalan as profesionais. Este método permite que persoas con dores crónicas ou patoloxías derivadas de certas metodoloxías ou hábitos atopen un equilibrio real entre forza e flexibilidade.

Un dos piares fundamentais de Mussa é a personalización absoluta. Cada sesión deséñase como un «traxe á medida», un modelo que se adapta ás necesidades e ao estado físico co que o alumno chega cada día. Non traballan con táboas preestablecidas, senón que deciden os exercicios seguindo unha planificación flexible segundo o que o corpo demanda nese momento. O centro utiliza todas as máquinas orixinais, como o Reformer ou o Cadillac, que axudan a perfeccionar o movemento e a dar información en tempo real.

Ler máis

Rúa de Carral, 16 | mussapilatescenter.com | 986 13 20 71 | info@mussapilatescenter.com | @mussapilatesvigo| @escuelamussapilates

Situado nas inmediacións da praza da Independencia, Kintsugi propón unha maneira diferente de entender a actividade física e o coidado corporal. O seu nome provén da técnica xaponesa do kintsugi, que repara obxectos rotos resaltando as fendas con ouro, convertendo as cicatrices nun valor engadido. Esa mesma filosofía é a que guía o traballo diario deste espazo, onde o movemento se concibe como unha ferramenta para reparar, aceptar e fortalecer o corpo desde o respecto.

Kintsugi nace coa idea de acompañar as persoas nos seus procesos físicos e emocionais, atendendo dores crónicas, lesións, operacións, limitacións de mobilidade, problemas de forza, de respiración ou ansiedade. A través de disciplinas como o pilates, o ioga ou os hipopresivos e mais do asesoramento nutricional, o centro aposta por un traballo consciente que busca mellorar non só o rendemento, senón tamén a calidade de vida no día a día. Un dos piares do seu método é a propiocepción, entendida como a capacidade de coñecer e escoitar o propio corpo para moverse mellor dentro e fóra das aulas.

As sesións desenvólvense en grupos moi reducidos, en formato individual ou en dúo, o que permite unha atención personalizada e un seguimento próximo. O obxectivo é aprender a sentir o exercicio, evitando a simple imitación e reducindo o risco de sufrir lesións ou agravar molestias previas.

Ademais, Kintsugi organiza ao longo do ano monográficos impartidos por especialistas convidados, coa intención de ampliar coñecementos e enriquecer a experiencia das persoas usuarias. O traballo físico complétase co apoio dunha nutricionista que elabora plans personalizados, o que reforza a visión integral do coidado. Nieves López, a súa responsable, convídanos a probar de xeito gratuíto algunha das clases para saír de dúbidas.

Rúa do Pintor Colmeiro, 6 | 986 51 93 84 e 639 75 94 99 | info@kintsugivigo.com | @kintsugi.vigo

O centro de adestramento DGO celebrou o mes de novembro o seu décimo aniversario consolidado como un referente do exercicio físico personalizado en Vigo. Tras mudarse o ano pasado a un novo local tres veces máis grande que o orixinal, o proxecto liderado por David García Oterino mantén intacta a súa filosofía: fuxir da masificación dos grandes ximnasios de baixo custo para ofrecer un servizo co que os usuarios se sintan realmente atendidos e coidados.

Co seu novo lema, «Pendientes de ti», DGO aposta por un trato familiar e un ambiente agradable, onde a socialización e o benestar son tan importantes como o esforzo físico. «Ás veces é máis importante a proximidade e o bo ambiente que o mellor adestramento do mundo», sinala David, que destaca que a clave dos resultados é a constancia que xera ese ambiente san. A diferenza do modelo low cost, en DGO non existe matrícula nin permanencia, senón que apostan pola calidade do servizo para fidelizar o usuario.

David salienta a importancia de contar cun guía profesional, especialmente ao comezar: «É como aprender a conducir: todo o mundo entende que necesitas un profesor ao lado para non estragar o coche. Co coidado do propio corpo debería ser igual». Para iso, o centro ofrece tres modalidades: adestramento persoal, para iniciación ou resultados rápidos; grupos reducidos, para fomentar a motivación social, e adestramento libre seguindo unha rutina deseñada por profesionais.

Para celebrar esta década de traxectoria e premiar a constancia, DGO lanzou unha promoción especial de tres meses con descontos en calquera dos seus formatos. Ademais, fiel ao seu estilo próximo, o centro mantén a invitación a unha clase de balde para que calquera persoa poida coñecer o seu equipo e o seu método sen compromiso.

Ler máis

Rúa da Travesía de Vigo, 188 | 630 66 77 33 | davidgarciaoterino.com | @centrodgo

Desde a súa apertura en xullo de 2023, Move Training Centre converteuse nun referente do adestramento especializado no centro da cidade. O proxecto, fundado por Ismael Quintas e Javi Fernández —compañeiros de carreira e adestradores—, xurdiu para dar resposta á crecente demanda de servizos que foxen da masificación e apostan polo rigor científico e a atención individualizada.

O crecemento do centro foi tan rápido que o espazo orixinal quedou pequeno, o que levou o equipo a diversificar a súa actividade en dous locais na rúa de Urzáiz: o número 74 dedícase en exclusiva ao adestramento persoal, mentres que o número 70 acolle as sesións en grupos reducidos. Esta separación permite manter un ambiente exclusivo, sen distraccións nin aglomeracións. A metodoloxía de Move céntrase en que cada plan de traballo sexa único. Para logralo, utilizan tecnoloxía de vangarda co fin de medir o punto de partida de cada cliente e, con eses datos, deseñar unha planificación obxectiva.

O centro destaca especialmente no alto rendemento, cunha forte especialización en futbolistas que buscan unha preparación específica, sobre todo durante o verán. Ademais, Move conta cun equipo multidisciplinario de graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte que cobren áreas como a readaptación de lesións ou a saúde, así como, desde decembro, un servizo especializado de preparto e posparto liderado por Andrea Viso.

Para quen prefire o traballo en equipo, o centro deseñou tres modalidades grupais: a Red (enfocada na forza), a Blue (máis metabólica) e a Green (unha mestura de pilates e ioga). Con este enfoque integral, Move Training Centre busca acompañar a cada mover (como denominan os seus usuarios) no día a día.

Rúa de Urzáiz, 70 e 74 | movetrainingcentre.com | 604 91 14 65 | movingtrainingcentre@gmail.com | @move_tc

Cunha traxectoria de preto de 45 anos, o Gimnasio Arenal é un dos centros deportivos máis antigos e emblemáticos de Vigo. Situado na rúa homónima, este espazo de máis de dous mil metros cadrados soubo reinventarse tras atravesar unha forte crise hai nove anos. O artífice deste rexurdir foi Jose, que leva 31 anos vinculado ao centro —comezou como monitor de natación— e que apostou todo, incluso o seu patrimonio persoal, para sacar adiante un proxecto no que cría cegamente.

A filosofía que define o Arenal hoxe en día é o que José denomina o seu «segredo»: investir en grandes persoas antes que en grandes máquinas. Fronte á frialdade dos modelos low cost que buscan a masificación, este ximnasio aposta por un equipo profesional de dezasete persoas moi involucradas, como Ángela,na xestión administrativa, ou Bruno, na deportiva, Sergio e Noel, no adestramento persoal e saúde. O obxectivo é que cada socio, sen importar a súa idade ou nivel, reciba un trato familiar e un plan adaptado ás súas metas. O centro conta cunha oferta inigualable de máis de setenta horas semanais de actividades dirixidas, que inclúen pilates, zumba, ioga, ciclo indoor e HIIT. Porén, un dos seus maiores atractivos é a piscina. Especializados en natación infantil e matronatación desde os dous meses e medio, destacan polo seu método directo: os monitores traballan dentro da auga coas crianzas, garante dunha aprendizaxe próxima e segura.

Lonxe de conformarse, o Gimnasio Arenal segue medrando. Actualmente está a acometer unha importante reforma para implementar a marca CrossFit e ampliar a súa sección de boxeo cun novo ring. Servizos como o acceso á sauna e o aparcadoiro concertado completan unha experiencia deportiva que combina tradición, paixón e modernidade no centro de Vigo.

Rúa do Areal, 140 | gimnasioarenalvigo.es | 986199653 e 661868479 | info@gimnasioarenalvigo.es | @gimnasioarenalvigo

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Xornalista cultural, fotógrafo e musiqueiro. E vigués. Director de tres documentais e coautor de Son da cidade. O libro da música viguesa do noso século.