‘El diablo en la playa’, de Matarile Teatro

«Dice Roy Andersson que el plano general, el espacio que rodea a una persona, dice más de ella que su propio rostro. ¿Cómo consideraremos aquí el cuerpo, como primer plano que acompaña al rostro y conforma el prejuicio de un estereotipo? ¿O como parte del plano general que define una forma de estar y habitar? El diablo paseándose en bicicleta por las calles vacías, como ángel custodio sin cuerpo que acompañar. El errante que se equivoca y el errante que vaga sin sentido. Reunir a Claudia y a Celeste es como convocar al ángel y al demonio sin intentar definir quién es qué, quién es quién, o en qué momento son intercambiables».
Tras a estrea do espectáculo a finais do difícil ano 2020, Matarile Teatro regresa á Sala Ártika, espazo do que é compañía asociada, con El diablo en la playa, unha viaxe estética e filosófica polo teatro performativo e sensorial do grupo compostelán. En escena, Celeste González e Claudia Faci (C e C), dúas actrices, dous corpos, dúas mulleres, dous anxos, dous demos, dúas fendas que permiten que o caos, tal e como teorizou Gilles Deleuze, penetre na vida. Con dirección e textos de Ana Vallés; son e espazo escénico de Baltasar Patiño, quen ademais asina a iluminación xunto a Miguel Muñoz; e produción de Juancho Gianzo, El diablo en la playa é unha reflexión sobre o corpo, as tentacións, a arte, o desarraigo e o encontro; salpicando referencias estéticas da fotografía de Gregory Crewdson, a pintura de Edward Hopper ou o cinema de Roy Andersson. Se non queres perder este paseo diabólico da man de Matarile, achégate ao 113 da avenida da Beiramar e permite que o caos che esnaquice a rutina.
Ernesto Is
Últimos posts de Ernesto Is (ver todos)
- ‘Deadpan Karaoke’, de Ibuprofeno Teatro - 6 Novembro, 2023
- ‘Cuarenta… (Mensajes desde el horizonte de sucesos)’, de Cambaleo Teatro - 11 Outubro, 2023
- 39.ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia - 10 Xullo, 2023
- 40.ª Mostra de Teatro de Cangas - 22 Xuño, 2023
- Heredarás el cosmos, de Anómico Teatro - 18 Maio, 2023