El Corte Inglés inaugura Club Gourmet con vistas á ría

El Corte Inglés de Vigo inaugura un novo Club del Gourmet con 500 metros cadrados destinados á gastronomía máis selecta. Este espazo incorpora una barra degustación cunha completa carta que inclúe propostas da lonxa de Vigo e ofrece a posibilidade de probar os produtos dispoñibles na tenda.

A sétima planta de El Corte Inglés de Vigo loce renovada. Desde hai uns días este coñecido espazo gastronómico converteuse nun Club Gourmet no que atopamos máis de 3.000 produtos presentados en expositores máis amplos, e incorpora grandes novidades tanto en oferta como en servizos.

A principal novidade é A Barra del Gourmet, cun deseño en illa e unha cociña á vista. A capacidade da barra xunto coa sala, que ten vistas á Ría, está preparada para atender a 65 persoas. Neste espazo ofrécense almorzos con café seleccionado 100% Arábica de Supracafé, torradas feitas ao momento, croissant de manteiga de alta pastelería ou sándwichs. Ao longo de todo o horario de apertura, idéntico ao do centro, poderase gozar de aperitivos ou picoteos a elixir entre diferentes
tapas elaboradas. Está composta por recoiro, mariscos, crustáceos e caviar; afumados e salgaduras de mar; charcutería fina; conservas; petiscos e caprichos; entrepanes ou bikinis. Completan a carta un conxunto de propostas imprescindibles entre a que destacan pratos de elaboración propia como a ensalada rusa de ventresca ou as croquetas de xamón Joselito, o canelón de rabo de touro ou a tortilla de Betanzos. Da lonxa de Vigo, a carta ofrece o produto máis fresco e da maior calidade como o berberecho galego ao albariño, ameixa galega á tixola ou navalla galega ao allo. Tamén se inclúen propostas de chuchara quentes como a fabada de Casa Gerardo.

Tenda e barra intégranse e é posible consumir neste espazo todos os produtos que están á venda na tenda. Lugar destacado entre a agran oferta de produtos que se ofrecen, ocupa unha charcutería gourmet que reúne os mellores embutidos, chacinas, salgaduras, conservas e queixos nacionais e internacionais. Na tenda tamén atopamos unha exclusiva adega cunha selección de máis de 2.000 referencias dos viños, espirituosos e destilados máis premium do mundo. A zona doce, na que adquire un especial protagonismo o doce do Nadal, reúne unha ampla selección de propostas de repostería, bombóns e chocolates.O pan, que se recibe cada mañá do obradoiro artesán local Bēkari, é elaborado sen aditivos químicos, con fermentacións longas e con masa nai.

REVISTA NADAL

El Corte Inglés de Vigo fixo ademais unha aposta polo produto de calidade da Comunidade Autónoma de Galicia coa presenza numerosas referencias da terra. Viños de todas as denominacións de orixe de Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei; produtos tan destacados de provedores rexionais, ou o queixo Savel, premio Súper Ouro nunha categoría internacional para queixos de exportación.