ENCORDASS

Ducias de concertos a media hora de Vigo no Millo Verde e Surfing the Lérez

Esta fin de semana celébranse nas veciñas Redondela e Pontevedra dous festivais do máis completos: o Millo Verde e o Surfing the Lérez, respectivamente. O festival pontevedrés é gratuíto, mentres que para o redondelán podes mercar aquí as entradas.

Xa arrancou a tempada estival de festivais musicais. Esta fin de semana, ben preto da nosa cidade, temos dúas opcións ben interesantes e diferentes: o Millo Verde en Redondela e o Surfing the Lérez en Pontevedra. O XVIII Festival Alternativo Millo Verde terá lugar na Área Recreativa da Praia de Cesantes os días 5,6 e 7 de xuño. Durante estes tres días celebraranse múltiples actividades culturais e deportivas, tendo como eixo central a música, onde a diversidade de estilos e de procedencias será, coma sempre, un dos puntos básicos do festival. 

Os artistas que actuarán nesta edición son Os Do Campo, Mi Buenaventura, Feral Booty, Sustanciados, Helen Helen, Hugo Guezeta, Morgane Ji, De Stokers, Destrokanov, Peitoescuro, Brigada Sound, Prieto Picado, Jason Kane & The Jive, Tangomango, La Perra Blanco, Duckshell, Radix e Trópico de Grelos. Podes mercar as entradas (28 € o abono, 17 € individual) premendo aquí. A entrada do xoves 5 é gratuíta.

REVISTA XUNHO

No caso do Surfing the Lérez, celebrarase o venres 6 e o sábado 7 na illa das Esculturas, un fermoso parque situado á beira do río, en Pontevedra. O acceso é de balde ambas xornadas, pero promoven unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros. A maiores do apartado musical (que conta con catro escenarios, un deles para DJ), o evento dispón un mercado emerxente e merchandising e unha zona de foodtrucks. Centrándonos na música, o cartel é amplo e variado: destcan os nomes de King África, Ángel Stanich, Arizona Baby, Miguel Costas, shego, Anabel Lee, Karavana, Anaut, Alba Reche ou Grande Amore.