Dous días para impulsar carreiras: o Foro Tecnolóxico de Emprego abre as portas ao futuro profesional

Publirreportaxe

Os días 24 e 25 de febreiro de 2026 as facultades de Enxeñaría Industrial e de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo acollerán a XXVI edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, unha das citas máis relevantes de conexión entre o mundo académico e o profesional no ámbito tecnolóxico no noroeste de España.

Nado fai máis de 25 anos como unha iniciativa impulsada polo propio estudantado, o Foro Tecnolóxico de Emprego consolidouse como o foro de emprego universitario máis importante de Galicia e un dos máis significativos de España dentro do seu eido. Organizado íntegramente por estudantes das escolas de enxeñaría, o evento ten como obxectivo principal facilitar o encontro directo entre o talento universitario e as empresas líderes nos sectores da tecnoloxía, a industria e a innovación.

Durante estes dous días de actividade, miles de estudantes e egresados terán a oportunidade de participar en múltiples actividades deseñadas para mellorar as súas competencias profesionais e facilitar a súa incorporación ao mercado laboral:

  • Stands empresariais: Espazos nos que as empresas recollen currículos e manteñen contactos directos co alumnado.
  • Talleres formativos: Obradoiros prácticos para desenvolver habilidades clave, desde a mellora do currículo ata técnicas avanzadas de busca de emprego e uso de ferramentas profesionais.
  • Conferencias e mesas redondas: Sesións con expertos e profesionais sobre tendencias tecnolóxicas e demandas do mercado laboral.
  • Speed recruiting: Entrevistas rápidas e dinámicas que permiten aos participantes ter o seu primeiro contacto profesional en poucos minutos.

Estas iniciativas buscan non só achegar oportunidades de emprego e prácticas, senón tamén dotar ao alumnado de ferramentas útiles para afrontar con éxito o seu camiño profesional.

O evento reúne a unha ampla representación de empresas e organizacións que apostan polo talento novo. Entre elas figuran tanto grandes compañías tecnolóxicas como referentes galegos e nacionais —desde firmas industriais ata consultoras e entidades con presenza no ecosistema innovador—, que acudirán coa intención de identificar perfís profesionais con potencial e visión de futuro.