DJ Snake, Dorian e Li | Lu súmanse ao cartel do Son do Camiño
Tras esgotar os abonos para esta nova edición, O Son do Camiño anuncia novos artistas e desvela a programación por días. As entradas estarán dispoñibles á venda o martes 24 de marzo ás 12:00 h en www.osondocamino.es

Para ampliar aínda máis o seu repertorio de artistas e xéneros, O Son Do Camiño 2026 engade a unha figura da música electrónica internacional: DJ Snake. Continuando co panorama internacional, engade ao dúo Li | Lu, que tocarán por primeira vez en España neste festival. Por último, engaden a unha banda daquí, Dorian, coñecidos polos seus ritmos pop electrónicos e carisma no escenario.
O festival anuncia tamén o reparto dos artistas nos tres días que durará o festival, 18 a 20 de xuño, que se celebra no Monte do Gozo.
Xoves 18 de Xuño
Como cabeza de cartel e recén chegada do espacio, Katy Perry, coñecida polos seus himnos pop e astronómicas escenografías e vestiario. No mesmo día subirá ao escenario Dani Martín, icono da música española cunha carreira chea de éxitos. Ambos artistas prometen un inicio de festival inolvidable, con actuacións cargadas de enerxía e grandes hits.
A xornada contará ademais con artistas coma Carlos Ares, Leire Martínez, Barry B, The Molotovs, Michenlo e Habló Pablo.
Ademáis, no escenario Son Electro Repsol actuarán Aida Blanco, Barbara Lago, DJ Gigola, Héctor Oaks, MCR-T e Supergloss.
Venres 19 de Xuño
A lenda que encabeza esta xornada é nada máis e nada menos que a emblemática banda de rock Linkin Park, da que desde hai dous anos Emily Armstrong é vocalista e alma renovada da banda. O seu regreso a Galicia desde o Resurrection Fest promete ser unha das actuacións máis esperadas e épicas do festival. Tamén actúan este día Biffy Clyro, o trío escocés recoñecido internacionalmente polo seu virtuosismo musical e intensidade en directo. O cartel desta data complétase con Hoobastank, Sexy Zebras, Niña Polaca, The Bloody Beetroots (DJ Set), D. Valentino e Corella. No escenario Son Electro Repsol atoparemos a Carlita, Caste, Honeyluv, Hoonine, Jimi Jules e Viviana Casanova.
Sábado 20 de Xuño
Despedimos o festival cunha última xornada chea de ritmo. Encabeza esta data o francés DJ Snake, un deus da electrónica que promete unha posta en escena audiovisual espectacular. Completan o día Lola Índigo, Guitarricadelafuente, Afrojack, o vigués Sen Senra, Mvrk, Dorian, Carlangas, Ortiga e Sarria. No escenario Son Electro Repsol actuarán Bego Martin, Li/Lu, Patrick Mason (House Set), B2B Haai, Perel e Toute Sanders.
