Día das Letras Galegas, Sementeira, Mercado da Arte e The Rapants esta fin de semana en Vigo
Esta fin de semana vén marcada pola celebración de varias festas moi nosas: o Día das Letras Galegas, a Sementeira e os Maios. Ademais de festividades populares, temos concertos, monólogos, teatro e mercados, entre outras moitas cousas. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS – Desde o xoves en diferentes puntos da cidade – De balde
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas á poesía popular oral coa finalidade de recoñecer a importancia a tradición non escrita, que acompaña á nosa sociedade desde sempre. Por este motivo, Vigo ofrece unha chea de actividades relacionadas con esta celebración ao longo da semana, como concertos, foliadas e obradoiros para os máis pequenos.
MENTES PELIGROSAS – Venres e sábado no Mar de Vigo – Desde 35,00 €
Novo show, novos monólogos, novos gags… Mentes Peligrosas volve para demostrar que é a mellor festa da risa posible. Álex Clavero, Leo Harlem, Xosé A. Touriñán e Eva Hache chegan ao Auditorio Mar de Vigo para bailar, cear, beber… E, sobre todo, rirnos como nunca. Mentes brillantes, talentosas e perigosas que se reúnen unha vez máis para crear unha experiencia única.

CONCERTO DE SARRIA – Venres ás 21:30 na Fábrica de Chocolate – Desde 11,00 €
O seu estilo, definido como rock retrofuturista, revitaliza o espírito do rock clásico dos anos 60 e 70, inspirado en bandas como The Doors, Pink Floyd ou Led Zeppelin, desde unha perspectiva contemporánea que tamén bebe de influencias como Parcels e The Lemon Twigs. Unha nova oportunidade para que os fans que foi gañando o malagueño tras o seu paso polos festivais galegos poidan velo, esta vez coa enerxía que só se pode gozar nunha sala.
FESTA DA SEMENTEIRA -Sábado desde ás 10:30 en Matamá – De balde
Como cada ano por estas datas celébrase a Festa da Sementeira do Millo na parroquia viguesa de Matamá. Trátase dunha celebración popular que recrea cun carácter festivo os tempos nos que os veciños de Matamá se xuntaban para traballar no campo e realizar os labores diarios, neste caso para sementar millo. A programación está dirixida a familias e inclúe concertos, obradoiros, xantar con pulpeiro e a propia sementeira simbólica.

MERCADO DA ARTE – Sábado desde ás 11:00 h no Mercado do Calvario – De balde
O Mercado da Arte do Calvario, organizado por No todo el pescado está vendido, é unha das citas máis esperadas polos amantes da artesanía e a ilustración feitos en Galicia. Nesta X edición a organización quere homenaxear o centenario do propio edificio, símbolo do barrio e un dos mercados máis activos da cidade. O Mercado do Calvario cambiará os bancais de peixes, froitas, verduras e embutidos por textil, cerámica, xoiería, ilustración, fotografía, libros, proxeccións, obradoiros e música en directo. No primeiro andar haberá a opción de xantar no propio mercado da man de Sukhafunk. O horario da feira será de 11:00 a 20:00.
MIÚDO FEST – Sábado ás 17:00 h e domingo ás 18:00 h na Sala Rebullón – De balde / 6,00 € (o domingo)
O prato forte do festival será o sábado 17 de maio, a partir das 17:00 h, no CSCD As Pedriñas. A xornada contará cun completo cartel para non parar de bailar e desfrutar en familia. Comezará co grupo Os Interestelares, seguido do coñecido artista Paco Nogueiras, que traerá o seu espectáculo interactivo Canto Contigo, pensado especialmente para o público infantil. Para pechar a tarde, chegarán Collón de Lola, cunha proposta musical baseada nas cancións míticas do Xabarín Club, que farán as delicias de grandes e pequenos cun toque de nostalxia e festa. O festival remata o domingo 18 de maio, tamén nas Pedriñas, cunha proposta moi especial: o concerto de Pitiminí, ás 18:00 h, un espectáculo pensado especificamente para bebés. As entradas para este evento estarán dispoñibles antes do concerto e terán un prezo simbólico de 6 euros.
O próximo sábado 17 de maio o Teatro Gorrilla volta ao barrio de Churruca para convertir os bares en salas de teatros, acollendo 3 propostas escénicas en 3 espazos diferentes polo día das letras galegas. Comezarán ás 19:00h no Tinta Negra, continuarán ás 20.00h en A Casa de Arriba e ás 21.30h baixarán ao Arco da Vella. As artistas que van participar son Daniel Lezso, Nu.eva e Raquel Ferradás e Boreada Teatro.
CONCERTOS VIBRAMAHOU: SIENNA + VILLANUEVA – Sábado ás 20:30 h en Island Club – Desde 15,00 €
O sábado 17 de maio poderás escoitar en directo a Sienna no Island Club. O artista valenciano presenta en Galicia Trance, un traballo que marca unha nova etapa na súa traxectoria, cun son máis electrónico e unha posta en escena máis poderosa. Estará acompañado polo vigués Villanueva, con máis dunha década ás súas costas construíndo un universo propio desde o pop de autor con tinguiduras rock e outras sonoridades. Agora presenta Gallo Negro, unha ambiciosa ópera conceptual con raíces latinoamericanas que marca un novo capítulo na súa carreira.

O vindeiro domingo os arredores do estadio de Balaídos acollerán unha gran celebración para despedir a exitosa tempada 2024/25. O Celta organiza unha festa aberta a toda a afección celeste, que incluirá música en directo, gastronomía tradicional e actividades para todas as idades, coincidindo co partido fronte ao Rayo Vallecano, o último desta tempada que se xogará no estadio vigués.
FESTA DOS MAIOS – Domingo desde as 12:00 na Praza do Berbés – De balde
A Asociación do Casco Vello celebra a 42ª edición da súa tradicional Festa dos Maios o domingo día 18 na Praza do Berbés con actividades para pequenos e maiores e na que non faltará a música. Este acto, presente en moitas culturas europeas, festexa a transición do inverno á primavera e a exaltación da natureza e ten a súa orixe nas culturas prerromanas. O acto central representa unha disputa entre as dúas estacións na que o inverno resístese a marchar, a primavera acaba gañando e é, entón, cando entra en escena o cuco, cuxo canto anuncia a chegada do tempo cálido. A continuación, aparece o Maio, unha enorme construción floral armada polos propios veciños.