DGO: pendentes de ti

Publirreportaxe

O centro de adestramento DGO celebrou o mes de novembro o seu décimo aniversario consolidado como un referente do exercicio físico personalizado en Vigo. Tras mudarse o ano pasado a un novo local tres veces máis grande que o orixinal, o proxecto liderado por David García Oterino mantén intacta a súa filosofía: fuxir da masificación dos grandes ximnasios de baixo custo para ofrecer un servizo co que os usuarios se sintan realmente atendidos e coidados.

Co seu novo lema, «Pendientes de ti», DGO aposta por un trato familiar e un ambiente agradable, onde a socialización e o benestar son tan importantes como o esforzo físico. «Ás veces é máis importante a proximidade e o bo ambiente que o mellor adestramento do mundo», sinala David, que destaca que a clave dos resultados é a constancia que xera ese ambiente san. A diferenza do modelo low cost, en DGO non existe matrícula nin permanencia, senón que apostan pola calidade do servizo para fidelizar o usuario.

David salienta a importancia de contar cun guía profesional, especialmente ao comezar: «É como aprender a conducir: todo o mundo entende que necesitas un profesor ao lado para non estragar o coche. Co coidado do propio corpo debería ser igual». Para iso, o centro ofrece tres modalidades: adestramento persoal, para iniciación ou resultados rápidos; grupos reducidos, para fomentar a motivación social, e adestramento libre seguindo unha rutina deseñada por profesionais.

Para celebrar esta década de traxectoria e premiar a constancia, DGO lanzou unha promoción especial de tres meses con descontos en calquera dos seus formatos. Ademais, fiel ao seu estilo próximo, o centro mantén a invitación a unha clase de balde para que calquera persoa poida coñecer o seu equipo e o seu método sen compromiso.

Rúa da Travesía de Vigo, 188 | 630 66 77 33 | davidgarciaoterino.com | @centrodgo

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Xornalista cultural, fotógrafo e musiqueiro. E vigués. Director de tres documentais e coautor de Son da cidade. O libro da música viguesa do noso século.