Dez plans de sendeirismo en Vigo para todos os niveis
Vigo e a súa contorna ofrecen moito máis que praias e vida urbana. A poucos minutos do centro é posible atopar rutas de sendeirismo para todos os niveis: desde paseos fluviais accesibles ata percorridos de montaña con vistas á ría. Esta selección reúne dez itinerarios para desfrutar da natureza sen facer grandes desprazamentos. Tamén podes consultar todos os sendeiros de Vigo neste artigo do 2028.

MONTE ALBA E CEPUDO | 13 km en 4 horas. Circular.
Podemos chegar ao cumio do Cepudo en coche e adaptar a ruta segundo os quilómetros e dificultade que esteamos dispostos a facer. A opción fácil pode ser subir simplemente ata a capela do Monte Alba, ou coller algúns dos senderiros sinalizados en verde que atopamos no parque.
PASEO DO LAGARES | 10 km en 2 horas
Senda fluvial moi marcada á que é doado chegar sen coche. Trátase dun paseo moi chairo, a carón do río e para todos os públicos. Sae da antiga fábrica de Santa Clara en Lavadores e chega ata o final de Samil. Pódese coller en calquera punto, pero recomendamos dous treitos: o de Lavadores, recentemente inaugurado e conta con pequenas cascadas como a da Cova da Serpe; e o tramo de Sárdoma ata Castrelos. Punto no que comeza a ruta.
MUÍÑOS DO RÍO EIFONSO – 5 km en 1:30 hora
Ruta sinalizada en amarelo como PR-G5 que vai desde a carretera de Bembrive ata o parque Forestal de Beade. Discurre entre carballos, o río, unha fervenza e os muíños rehabilitados e non ten ningún tramo de asfalto. Conta con forte pendente nalgúns tramos, xa que todo o percorrido é en ascenso polo que pode non ser recomendable para nenos pequenos. O treito máis recomendable é a parte baixa, onde se atopan os muíños e a pequena fervenza. Punto no que comeza a ruta. Punto no que comeza a ruta.
SENDA AZUL DA GUÍA – 6 km en 1:30 hora. Circular
Percorrido circular e moi adaptable que permite coñecer este recuncho verde da cidade. Podemos aparcar na antiga ETEA e dar un baño na praia da Punta ou as escondidas calas, antes de subir ata a hermida e pasear á sombra pola descoñecida carballeira,
PARQUE FORESTAL DE SAN MIGUEL DE OIA – 4 km en 1 hora. Circular.
Desde o merendeiro do parque sae unha ampla pista forestal moi axeitada para bicis e familias. Podemos percorrela ata o petroglifo do Carballoso e desfrutar das vistas ás Cíes, volvendo polo mesmo camiño. Paga a pena desviarse brevemente para visitar o miradoiro de Carballoso e o do Outeiro da Raposa, con vistas panorámicas á ría.
CABO HOME – MONTE DO FACHO | 12 km en 4 h. Circular
Recoméndase estacionar no aparcadoiro gratuito da Caracola, onde nada máis baixar do coche pódense presenciar unhas vistas espectaculares. Desde alí, emprende o Sendeiro da Costa da Vela, dirección Praia Melide, parando nos distintos Faros: o Faro de Cabo Home, o Faro de Punta Robaleira e o Faro de Punta Subrido. Unha vez chegados ata este último, da a volta e camiña ata o desvío da praia de Barra, seguindo a continuación o Sendeiro de Barra a Donón e despois polo sendeiro do Monte do Facho. Ascende ata O Facho de Donón, onde se pode obter unha impresionante panorámica da costa da Vela, as Illas Cíes e as Ons. Alí, destaca unha garita de vixiancia costeira circular que data do século XVII. Dede alí, baixa pola estrada cara a Caracola, rematando a ruta.
ALTO DO PRÍNCIPE (ILLAS CÍES) | 3 km en 1 h
Unha vez baixado do barco e chegado ás Illas Cíes, camiña ata a Caseta de Información. Unha vez alí, xira á dereita dirección praia de Figueiras. Continúa ascendendo ata chegar ao principal cruce de camiños da Illa de Monte Agudo, onde debe desviarse á esquerda por unha senda que leva ao Alto do Príncipe. Unha vez chegado, aproveita e senta na Cadeira da Raíña para ver unhas espectaculares vistas dos acantilados, onde se aprecia o contraste entre a cara oeste e a cara este das illas, unidas pola mítica Praia de Rodas. Para dar a volta, débese emprender o mesmo camiño, puidendo aproveitar e continuar coas outras rutas das Illas.
POZA DA MOURA (DOMAIO, MOAÑA) | 5 km en 1 h 20 min
Comeza a ruta desde a Capela de San Benito, en Domaio, onde poderás aparcar. A continuación, comeza a subida a Domaio, onde atoparás carteis indicativos co percorrido ás beiras do Rego da Freixa, parando na Fervenza do Rego da Miñouva. Despois, unha vez cruzando a Autovía do Morrazo pola ponte, aprécianse distintos muíños e fervenzas. Finalmente, chégase á Poza da Moura, un lugar único cheo de lendas de beleza singular. Unha vez gozado desta contorna, emprende o mesmo camiño de volta.
CANGAS – LIMÉNS | 10 km en 4h
Para realizar esta ruta non é necesario coller o coche, podes chegar a Cangas en barco desde Vigo. Unha vez chegados ao peirao, camiña en dirección á antiga fábrica conserveira Massó. Seguindo adiante, chegamos ata a praia de Area Milla. Entón, segue pola senda costeira ata Liméns, pasando polo túnel e gozando das espectaculares vistas. Pronto atoparás as praias de Santa Marta e Liméns, onde finaliza a ruta. Aproveita e baña nas augas turquesa destas praias antes de comezar o camiño ata o peirao.
A PONTE DE PAU (FORNELOS DE MONTES) | 12 km en 4 h. Circular
Existe unha variante máis sinxela da PR-G 164 Senda da Fraga do Barragán (17 km), onde atoparás un camiño cheo de beleza natural e patrimonio como muíños, pontes ou restos de asentamentos antigos. Comezando na Igrexa de San Salvador de Xunqueiras, empréndese o camiño á dereita dirección á Ponte de Pau. Unha vez pasada, continuando por un tramo empedrado, xira a esquerda e volve a conectar coa Senda da Fraga do Barragán para seguir o percorrido circular e parar na Ponte do Barragán e as Ruinas da Cidade.

