Dez imprescindibles do Galician Freaky Film Festival
Este venres 19 arranca nos Cines Tamberlick a novena edición do Galician Freaky Film Festival, o festival internacional de cine freak e fantástico que se estende ata o sábado 27. A maiores da sección oficial, que conta con máis de 70 curtas (a maioría de estrea en Galicia), o festival propón unha programación moi ampla e variada. Seleccionamos algúns dos eventos máis apetecibles.

CONCURSO DE TAPAS | Do xoves 18 ao venres 26 de setembro
Concurso de tapas freaks no que participan La Revoltosa, El Estribo, Mocca, El Bar e Lume de Carozo. O público poderá votar polo seu petisco favorito.
PEQUEFREAK | Sábado 20 e domingo 21desde as 10:30
Sección infantil do festival con varios bloques de curtas, proxección de longametraxes e divertidos obradoiros. E todo cun xurado profesional formado por nenos e nenas!
CHARLA SOBRE LUIS BARBOO | Martes 23 ás 20:00 h
No marco das actividades especiais 9ª edition, renderán unha merecida homenaxe a unha figura singular e pouco coñecida do cinema galego e da nosa cidade: o actor e especialista Luis Barboo (Vigo, 1927–2001), quen compartiu escena con mitos do cinema como Clint Eastwood, Kirk Douglas, Charlton Heston, Christopher Lee, Sean Connery ou Arnold Schwarzenegger.
REIMAXINANDO AOS MAD DOCTORS | Mércores ás 17:00 h
Froito do concurso de banda deseñada que lanzaron hai uns meses, prepararon este terceiro volume que reúne algúns dos cómics que participaron na proposta. Catorce historias que nos levarán a un Vigo ameazado, para ben ou para mal, por un grupo de científicos que son quen de calquera cousa por conseguir o seu obxectivo.
FEIRA FANTÁSTICA E FREAK DE GALICIA | Venres 26 desde as 16:00 h e sábado 27 desde as 11:00 h
Un espazo único onde a arte, a cultura molona e o freakismo máis puro de Galicia se dan cita. Aquí coinciden os puntos de exposición cultural máis interesantes de Vigo xunto cunha selección de artistas que revelan os talentos freaks que Galicia ten agochados.
IRMANDADES DO NORTE | Venres 26 ás 17:00 h
Co obxectivo de seguir ampliando as ligazóns entre festivais e profesionais da xestión cultural, este ano celebran novamente, en colaboración coa VIGO FILM OFFICE, unha mesa cadrada na que participarán representantes de festivais de xénero de Euskadi, Navarra, Catalunya e Galicia. Como complemento ao encontro, realizarán unha proxección especial para a cal cada un dos festivais convidados seleccionou unha curtametraxe significativa do seu territorio.
SESIÓN ONANISTA | Venres 26 ás 23:00 h
Filme bizarro sorpresa que non se desvela nin antes nin despois da proxección. Unha festa freak para cinéfagos. Só saberás o que perdes se vas, porque o que pasa na Sesión Onanista, queda na Sesión Onanista.
CHARLA CON ALBERTO VÁZQUEZ | Sábado 27 á 11:00 h
Charla na que o director de cinema de animación Alberto Vázquez nos falará do proxecto creativo de Decorado, a súa última película. O cineasta coruñés é un dos galegos con máis premios Goya, cun total de catro.
POXA BENÉFICA | Sábado 27 ás 20:00 h
Construireán unha pequena exposición colectiva ao redor desta figura icónica e perturbadora do cinema de xénero: o doutor trastornado ou mad doctor. O último día do festival farase unha poxa benéfica cuxos beneficios irán destinados a AFAGA Alzheimer.
PROXECCIÓN DE THE ROCKY HORROR PICTURE SHOW | Sábado 27 ás 21:30 h
Sesión de clausura do festival. O que comezou como unha modesta adaptación cinematográfica dun musical teatral de 1973 converteuse nunha das experiencias cinematográficas máis singulares da historia. Esta obra mestra do camp e o xénero musical-horror, dirixida por Jim Sharman e escrita por Richard O’Brien, revolucionou a cultura popular ao crear unha nova forma de ver cine: a participación activa do público.

practicas
Últimos posts de practicas (ver todos)
- Mercedes Peón, Ana Morgade, feira de abril e festa da cereixa esta fin de semana en Vigo e arredores - 11 Xuño, 2026
- O festival ‘Cinema a Pedal’ de Nigrán entra na recta final de recepción de obras con forte proxección internacional - 5 Maio, 2026
- O Festival de Cans coroa a Víctor Coyote como referente multidisciplinar da súa XXIII edición - 21 Abril, 2026
- Piratas de Nabia celebra o Día da Nai con viaxes de balde polas Rías Baixas - 15 Abril, 2026
- A segunda esdición do Festival Internacional de Series Ría de Vigo celebrarase en xuño - 27 Febreiro, 2026




