Dez deejays galegos encargaranse de manter o ritmo no Galicia Fest
O festival indie pop, que se celebrará no Peirao de Trasatlánticos os días 26 e 27 de xuño, confirma o cadro de artistas que amenizarán os descansos entre os concertos principais.

O Galicia Fest continúa perfilando os detalles da súa vindeira edición en Vigo, que se celebra o venres 26 e o sábado 27 de xuño. A organización confirmou que un elenco de dez deejays procedentes de diversos puntos da xeografía galega serán os responsables de asegurar que a música non pare en ningún momento durante as dúas xornadas. Esta aposta pola electrónica busca reforzar a atmosfera vibrante dun festival que se quere sitúar como o novo referente do indie pop urbano no sur de Galicia.
O cartel de picadiscos presenta unha mestura equilibrada entre veteranía e novas promesas. Entre os nomes destacados figuran artistas como Víctor Rivas, pontevedrés con gran presenza na escena nacional; e Bea Fernandes, residente na sala Radar Estudios de Vigo, que traerá o seu estilo ecléctico que viaxa desde o electro-pop ata ritmos urbanos.
A lista complétase con perfís variados que garanten sesións dinámicas:
- Adrián Gold: Natural de Ordes, destaca pola súa versatilidad e enerxía, sendo un dos nomes con maior proxección no panorama galego actual.
- Bea Fernandes: Especialista en mesturar indie-verbena, indietronic e electro-pop con ritmos urbanos. É residente na sala Radar Estudios de Vigo e pasou por festivales de renome como o BBK Live ou o Sonorama.
- DJ Charlie: Un veterano con máis de 20 anos de carreira que traballou en emisoras como Los 40 ou Cadena SER. Recentemente comezou tamén no mundo da dobraxe de películas.
- Lucía Dilema: Residente do Dilema Indie Club en Xixón. As súas sesións caracterízanse por ser eclécticas e libres de prexuízos, fusionando rock, pop e música urbana.
- Víctor Rivas: Pontevedrés afincado en Madrid con experiencia en prazas tan esixentes como Eivissa. É un dos residentes oficiais e forma parte do xurado do concurso de talentos do festival.
- TuyYo DJ: Un dúo composto por Alba e Hugo que busca crear un espírito de “romaría” electrónica para que o público non deixe de cantar e bailar.
- Diego Mariño: DJ da Guarda que, con só 28 anos, xa percorreu gran parte das comunidades autónomas españolas grazas á súa gran capacidade de adaptación.
- DJ Sü: Química de formación pero picadiscos por vocación, está especializada en sons indie e na mestura de estilos para todo tipo de públicos.
- Jorge Álvarez: Artista pontevedrés cunha longa traxectoria nas cabinas galegas, recoñecido por ofrecer sets cargados de dinamismo.
- Toni Seijas: Un dos integrantes con máis experiencia do grupo, cuxa traxectoria estivo sempre ligada ás salas máis emblemáticas de Galicia.
Máis alá dos nomes xa confirmados, o festival mantén activa unha iniciativa para descubrir novos talentos. Grazas á colaboración con Vibra Mahou, segue aberto un concurso para elixir a dúas novas promesas da electrónica galega que terán o privilexio de abrir cada unha das xornadas do festival. Os interesados en participar deben amosar as súas habilidades a través dun reel en Instagram, utilizando as etiquetas #AbrindoGaliciaFest e #VibraMahou. O xurado, composto por Adrián Gold e Víctor Rivas, dará a coñecer aos gañadores o vindeiro 30 de abril. O Galicia Fest, que conta co respaldo da Xunta de Galicia a través de Concertos do Xacobeo, prepárase así para converter o Peirao de Trasatlánticos nun espazo único de sinerxía cultural e musical no corazón da cidade olívica.

