Descobre os segredos do corpo humano na exposición ‘Bodies Evolution’
A exposición sobre o corpo humano Bodies Evolution chega o ao Auditorio e Palacio de Congresos Mar de Vigo do 3 ao 26 de outubro, ofrecendo unha experiencia educativa e cultural única para todos os públicos. Preme aquí para mercar as entradas.

A anatomía humana, tantas veces estudada en libros e aulas, cobra vida de maneira sorprendente na exposición Bodies Evolution, unha mostra internacional que acaba de chegar a Vigo. O máis chamativo da proposta é que as “obras” expostas son cadáveres humanos reais que permiten ao visitante achegarse ao funcionamento do corpo a través dos seus principais sistemas: nervioso, muscular, óseo, circulatorio, dixestivo, reprodutivo e respiratorio.
A mostra presenta oito corpos reais e máis de cen órganos, todos conservados mediante atécnica da plastinación, un proceso que substitúe os líquidos do organismo por polímeros, garantindo unha preservación duradeira. Os corpos que podemos ver nesta exposición proveñen de descartes de universidades e centros científicos, polo que o proceso de facerse con todas as “pezas” necesarias para organizala durou dez anos, tal e como explicou Rashid Baifraouri, promotor de Bodies Experience en Europa.








Desde a súa creación hai doce anos, Bodies Evolution percorreu a meirande países de Europa e América Latina e converteuse nunha referencia cultural e científica a nivel mundial. Centos de miles de persoas en todo o mundo xa gozaron desta proposta, que convida a reflexionar sobre a vida, a saúde e a importancia de coidar o noso organismo. “Non é unha exposición artística, como as veces se critica”, explica Baifraouri, que aclara que o obxectivo da proposta é 100% didáctico e para todas as idades. Polo momento, está previsto que máis de 6.000 escolares pasen pola planta alta do Auditorio Mar de Vigo antes do 26 de outubro.
Prezo das entradas:
- Entrada xeral adultos: 12,00 € + gastos de xestión
- Entrada xeral nenos/as de 4 a 12 anos: 10 € + gastos de xestión
- Pack familiar – 2 adultos + 1 neno/a: 9 € por persoa + gastos de xestión
- Pack familiar – 2 adultos + 2 nenos/as: 9 € por persoa + gastos de xestión
- Grupos – 10 persoas ou máis: 9 € por persoa + gastos de xestión
- As persoas con algún tipo de discapacidade, xubilados ou PMR poden acceder ao prezo de 8 € mercando a entrada directamente na billeteira, amosando o seu carné acreditativo.
- Menores de 3 anos gratis
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A Selección Galega de Fútbol Gaélico busca apoios para financiar a súa participación nos Xogos Mundiais - 5 Xuño, 2026
- Autobán convoca un premio ao mellor fanzine galego - 3 Xuño, 2026
- Caixiña de Ritmos propón un verán de baile, música e creatividade - 29 Maio, 2026
- Amigos de la Ópera presenta ‘Don Giovanni’ e outras dez actividades - 29 Maio, 2026
- ‘Oasis’, ‘Punto Nemo’ e ‘Ágata y Lola’ encabezan a programación do Festival de Series Ría de Vigo - 27 Maio, 2026




