REVISTA MARZO

Depedro súmase ao cartel do Barbeira Season Fest

Jairo Zavala, coñecido artísticamente como Depedro actuará o venres 2 de setembro en Baiona dentro da programación do Barbeira Season Fest que xa confirmara outros artistas como León Benavente, Carolina Durante ou Zahara. Co código AMOVIDA recibirás un desconto de 5€ no teu abono para o festival.

Banner A Movidiña

O Barbeira Season Fest de Baiona continúa confirmando nomes para a súa edición máis ambiciosa. A última incorporación é a do músico madrileño Depedro, que chega a Baiona da man de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que crea encontros arredor do directo. Depedro estará presentando o venres día 2 de setembro a súa xira ‘Máquina de piedad’.

Este ano, baixo a dirección artística do músico vigués Pablo Novoa, o Barbeira Season Fest crece en número de días e de artistas. O festival arrancará o mércores 31 e durante 5 días encherá diferentes lugares de Baiona de música e actividade. A xornada inaugural teñen preparados diferentes contidos sorpresa que servirán como presentación do festival. O xoves día 1 subirán ao escenario León Benavente, Carolina Durante, Bala, Anabel Lee e Señora DJ. O venres día 2, ademais do concerto de Depedro actuarán La Habitación Roja, Morreo, Diamante Negro, Emilia, Pardo y Bazán y DJ Moderno.
Zahara, Maika Makovski e a portuguesa Capicúa encabezan a noite de sábado que completan as bandas emerxentes, Cora Yako, Miniño, Estrella Fugaz, Tú peleas como una vaca, Marta Movidas, DJ Moderno e EME DJ. Para pechar esta edición o domingo día 4, celebrarase a “Romaría Punk”, comisariada por Rei Zentolo, cunha selección de grupos galegos e algunha sorpresa importante.

As entradas diarias para o festival están á venda por 25€, mentres que os abonos para gozar da “experiencia Barbeira” na súa totalidade teñen un prezo de 45€ introducindo o código AMOVIDA, recibiredes un desconto de 5€ no prezo do abono.