REVISTA ABRIL

Debates sobre ciencia e mar cada mércores no Tinta Negra

Cada mércores deste mes estanse a celebrar unha serie de charlas sobre o mar, impulsadas polo Centro Oceanográfico de Vigo, no local Tinta Negra de Churruca. Unha oportunidade de debater sobre ciencia nun ambiente cómodo, cercano e distendido.

Normalmente utilízase o termo “conversacións de bar” nun ton pexorativo, como indicando que os interlocutores falan co atrevemento de quen non ten nin idea do que está a dicir. Mais neste caso atopámonos con ‘Al calor del mar en un bar’, unha iniciativa do Centro Oceanográfico de Vigo que pretende achegar a ciencia e o medioambiente a lugares como os bares, neste caso o Tinta Negra. Unha boa forma de debater sobre o estado presente e futuro do noso mar.

Tras o éxito da primeira edición o ano pasado, neste repiten formato e lugar. Cada mércores de novembro ás 20:00 haberá un debate aberto a todo o mundo, de balde por suposto, no que se tocarán diferentes temas relacionados co mar: especies, fenómenos, alimentación, expedicións… Todo isto comentado e introducido por expertos na materia. Como novidade nesta edición, ademais dun investigador, acudirá unha persoa do sector do que se estea a falar, para achegar un punto de vista distinto e máis humano do tema a tratar.

REVISTA ABRIL

A primeira xornada tivo lugar o pasado mércores 7, na que Francisco Rodríguez (investigador do IEO) e Iago Soto, patrón maior da cofradía de Vigo, debateron cos presentes sobre as mareas vermellas e tóxicas. Este mércores 14 será a quenda de Camilo Saavedra, Rebeca Lago e Carmen Chamorro para falar dos cetáceos, os sentinelas dos océanos.

A charla do día 21 de novembro tratará sobre o regreso das Malvinas. Participarán dous investigadores do centro que foron observadores a bordo nas Illas, como son María Saniza e José Luis del Río, e Antonio Cordeiro, antigo representante da Cooperativa de Armadores de Vigo, cuxo papel á hora de conseguir os barcos e axudar ao Oceanográfico foi capital. O último mércores falarase da primeira viaxe española á Antártida no 1986 por parte dos membros do Instituto Español de Oceanografía, no que participaron dúas mulleres, aínda en activo, do Centro Oceanográfico de Vigo: Ana Ramos e Carmen Gloria Piñeiro. Estarán acompañadas por José Luis Lorenzo, mariñeiro do barco de orixe vigués que realizou esta expedición.

Os invitados e invitados realizan una breve introdución do tema a tratar, expoñendo diferentes puntos de vista e axudados por unha pantalla na que proxectar vídeos ou diapositivas. O resto do temo dedícase a debater abertamente sobre todo o falado con anterioridade, e o feito de ser nun bar axuda a moitas persoas a perder esa vergoña tan común de opinar en alto.

(GMT+01:00) Tinta Negra


(GMT+01:00) Tinta Negra


(GMT+01:00) Tinta Negra