De Vacas, Javier Gutiérrez e a homenaxe a Neira Vilas protagonizan a nova temporada de Vigocultura

A temporada de inverno do programa de artes escénicas Vigocultura desenvolverase entre finais de xaneiro e comezos de maio no Auditorio Municipal e na rúa do Príncipe. A proposta abrangue diferentes disciplinas e diríxese tanto a público adulto como familiar, con funcións distribuídas ao longo das fins de semana. Cunha selección de 27 espectáculos,Vigocultura destaca pola aposta polo sector profesional do país: 18 das 27 compañías seleccionadas son galegas
O programa inclúe teatro contemporáneo e clásico, comedia, drama, danza contemporánea, circo, música, maxia e espectáculos para a primeira infancia. Ao longo do semestre, a programación súmase a conmemoracións sociais, como o Día Internacional da Muller, o Día Internacional da Danza ou o Día Mundial do Circo. Tamén destaca a celebración do décimo aniversario do pasamento de Xosé Neira Vilas.
O ciclo, que conta cun orzamento total de 156.130,50 euros, está orgamnizado desde o Concello e conta co apoaio da AGADIC e a Rede Galega de Teatros e Auditorios. Arrincará os días 30 e 31 de xaneiro con dous grandes espectáculos de rúa na rúa do Príncipe para achegar a cultura a toda a cidadanía, e continuará no Auditorio Municipal ata o 6 de abril. As entradas aínda non están á venda.
CARMAN, Javier Ariza
Venres 30 de xaneiro, 19:00h, Porta do Sol.
Novo circo (todos os públicos)
Unha comedia de rúa onde un Seat 600 cobra vida e remata por conducir sen condutor nunha rutina musical e circense. Trátase dun espectáculo de clown e manipulación de obxectos que transforma o coche nunha marioneta.
O MUNDO DO CIRCO, Troula Animación
Sábado 31 de xaneiro, 19:00h, Rúa do Príncipe (do Marco á Porta do Sol).
Pasarrúas (todos os públicos)
Espectáculo itinerante que percorre as rúas cunha interacción constante co público. Inclúe zancudos, malabaristas, monociclos, pallasos e unha charanga de oito músicos.
LOS YUGOSLAVOS, Producción Alternativa Contemporánea Off
Domingo 1 de febreiro, 20:00h, Auditorio Municipal.
Contemporáneo
A historia comeza cando un camareiro pídelle a un cliente que fale coa súa muller. Os protagonistas son dous homes e dúas mulleres que intercambian palabras e mapas sobre un país que xa non existe e que ningún deles pisou.
BRAZALETES, Amorodio Teatro
Venres 6 de febreiro, 20:00h, Auditorio Municipal
Contemporáneo (adulto, +12)
Recreación do xesto de dous xogadores do Racing de Santander que en 1975 luciron brazaletes negros contra os fusilamentos franquistas. A obra cuestiona as políticas do fútbol a través de figuras como Bebel García ou Sócrates.
30 ANOS DE MÚSICA GALEGA, Rosa Cedrón
Sábado 7 de febreiro, 20:00h, Auditorio Municipal.
Música de autor (todos os públicos)
Concerto en formato trío que celebra as tres décadas de traxectoria da artista, desde a súa etapa en Luar na Lubre ata as súas composicións máis íntimas en solitario.
OH, MAMMIE BLUE, Cinema Sticado
Venres 20 de febreiro, 20:00h, Auditorio Municipal.
Comedia (adulto, +16)
Monólogo sobre as primeiras horas dun parto e as sensacións dun embarazo cun desenlace inesperado. A peza destapa tabús sobre a maternidade, a perda e o trauma cunha posta en escena visualmente impactante.
PARASIMPÁTICAS, Lucía Veiga e Marita Martínez
Sábado 21 de febreiro, 20:00h, Auditorio Municipal.
Comedia
Dúas neuronas organizan unha Xunta Extraordinaria para analizar a materia gris galega. A través do humor e a improvisación, as actrices exploran a idea de que ser galego é un estado mental.
MEMORIAS DUN NEO LABREGO, Contraproducións
Venres 27 de febreiro, 20:00h, Auditorio Municipal.
Comedia (adulto, +10)
Adaptación teatral da famosa novela de Xosé Neira Vilas, programada para conmemorar o décimo aniversario do pasamento do autor.
VACANAL SINFÓNICA, De Vacas
Sábado 28 de febreiro, 20:00h, Auditorio Municipal.
Comedia
O grupo celebra o seu décimo aniversario cunha ópera en catro actos que revisa os seus grandes éxitos nun formato sinfónico, acompañadas por unha orquestra e o Coro da Rá.
SEÑORES QUE DIN, De Ste Xeito Producións
Venres 13 e sábado 14 de marzo, 20:00h, Auditorio Municipal.
Comedia (adulto, +12)
Tres irmás trixemelgas reúnense na casa familiar pola chamada da súa nai. A obra é unha “comedia machirula” interpretada por mulleres que reflexiona sobre as críticas e o acoso dos homes.
ARTUR UI, O OVO DA SERPE, Talía Teatro
Venres 20 de marzo, 20:00h, Auditorio Municipal.
Comedia (adulto)
Produción que conecta o teatro épico de Bertolt Brecht coa realidade política actual, explorando os mecanismos do poder e o autoritarismo.
REY LEAR, Companhia do Chapitó
Sábado 21 de marzo, 20:00h, Auditorio Municipal.
Comedia (adulto, +13)
Versión minimalista do clásico de Shakespeare onde tres intérpretes encarnan a todos os personaxes, usando o meta-teatro para expoñer a cobiza e o poder.
A DECONQUISTA, Ron Lalá
Venres 10 de abril, 20:00h, Auditorio Municipal.
Comedia (adulto, +13)
Parodia musical do Descubrimento de América en verso clásico. Cinco náufragos chegan ás Indias nunha balsa e viven diversas peripecias marcadas pola ambición e o humor.
SABES QUE LAS FLORES DE PLÁSTICO NUNCA HAN VIVIDO, ¿VERDAD?, Tanttaka Teatroa
Sábado 11 de abril, 20:00h, Auditorio Municipal.
Clásico
A obra cruza as vidas de catro persoas: unha muller con depresión, unha moza con discapacidade, un terapeuta que fala cunha IA e unha psiquiatra misántropa.
BIO CONSTRUCIÓN, Ibuprofeno Teatro
Venres 17 de abril, 20:00h, Auditorio Municipal.
Contemporáneo
Unha parella deixa o teatro para construír unha casa ecolóxica nunha aldea remota. A peza reflexiona sobre o fracaso, a crise climática e a estupidez humana desde o absurdo.
BAGAXE, Arturo Cobas & Natalio Outeiro
Sábado 18 de abril, 20:00h, Auditorio Municipal.
Novo circo ( +6)
Dous pallasos custodian 60 maletas que conteñen a bagaxe emocional da humanidade. Cada maleta aberta supón unha nova aventura nunha viaxe que mestura comedia e creatividade.
NOVE ESPELLOS, Óscar Cobos Compañía de Danza
Venres 24 de abril, 20:00h, Auditorio Municipal.
Danza (adulto, +16)
Unha viaxe polo multiverso do non-consciente onde se recrean medos, desexos e fracasos a través de movementos que buscan a liberdade absoluta.
BENQUERER, FRAN SIEIRA BÁILALLE A CAAMAÑO & AMEIXEIRAS, Fran Sieira Compañía de Danza Sábado 25 de abril, 20:00h, Auditorio Municipal.
Danza e música tradicional (adulto, +14)
Espectáculo autobiográfico sobre o amor propio e o autocoidado emocional. A peza cuestiona a posibilidade de querer aos demais sen aceptarse primeiro a un mesmo.
PÚBLICO FAMILIAR
EL PROFESOR BROMERA, Cía MeLaBuffa
Domingo 8 de febreiro, 18:00h, Auditorio Municipal.
Monicreques (infantil, a partir de 3 anos)
Un científico convida ao público a descubrir os segredos dun mundo de auga e xabón. A obra utiliza monicreques e formas que desafían a gravidade nun poema visual suspendido.
TÁ, Escena Miriñaque
Domingo 22 de febreiro, 16:30 e 18:00h, Auditorio Municipal.
Xestual (infantil, a partir de 2 anos)
Obra de danza-teatro ambientada nun bosque de realismo máxico onde dous personaxes desenvolven unha amizade a través do xogo e as onomatopeyas.
LUMIERO, La Menuda Produccions
Domingo 1 de marzo, 12:30, 16:30 e 18:00h, Auditorio Municipal.
Visual e musical (infantil, primeira infancia)
O pallaso Lumiero e a súa filla exploran un mundo de luces e sombras que cobran vida a través de sons de instrumentos e xoguetes.
MATRES, Cia Campi
Domingo 8 de marzo, 18:00h, Auditorio Municipal.
Outros (infantil, a partir de 8 anos)
Un neno crece rodeado de tres mulleres de xeracións distintas: a súa nai, tía e avoa. Unha historia de amor e supervivencia onde a vida se converte nunha loita de superheroes.
IMPOSIBLE!?, Mago Rafa
Domingo 15 de marzo, 18:00h, Auditorio Municipal.
Maxia (infantil/familiar)
Espectáculo que demostra que o “imposible” pode ser o comezo de algo marabilloso. A través do humor e a ilusión, nenos e maiores descobren a maxia que reside nos soños.
CANTO CONTO!, Limiar Teatro
Domingo 22 de marzo, 18:00h, Auditorio Municipal.
Comedia (infantil, a partir de 5 anos)
Dous recolledores de lixo viaxan polo mundo da reciclaxe ao ritmo de Rock, Rap e Salsa. A obra fomenta a igualdade e o ecoloxismo coa participación activa do público.
CRISÁLIDA, Caramuxo Teatro
Domingo 12 de abril, 18:00h, Auditorio Municipal.
Comedia (infantil, a partir de 6 anos)
Montaxe de máscaras sen texto que homenaxea ao comercio tradicional e ás relacións humanas a través dunha pequena mercería.
TAVOLE, Circo Txosco
Domingo 19 de abril, 18:00h, Auditorio Municipal
Novo circo (infantil/familiar)
Dous personaxes e un moreno de mesas crean situacións acrobáticas e surreais. Un show interactivo que combina técnicas aéreas, maxia e humor.
COA CABEZA NAS NUBES, Cía Söa
Domingo 26 de abril, 18:00h, Auditorio Municipal.
Contemporáneo (infantil, a partir de 6 anos)
Espectáculo multidisciplinar que combina teatro físico e clown para mostrar a batalla entre o traballo acumulado e as ganas de xogar.



