CASTRELOS 25

David Gesteira (@descifrandoahistoria): “A historia é unha ferramenta poderosísima, e a nosa é preciso divulgala”

David Gesteira é historiador, bibliotecario e, sobre todo, é a cara e a voz que se atopa detrás do proxecto de divulgación histórica @descifrandoahistoria, no que ten entrevistado en formato podcast a moitos expertos e expertas co fin de que a historia galega se coñeza e saia á rúa. Despois de cinco anos de vida nesta canle, que conta cunha gran comunidade de seguidores, agora vén de publicar A historia de Galicia en 30 obxectos, unha obra con ilustracións de Miguel Robledo en Aira Editorial que bebe da súa paixón: seguir falando e espallando a historia das xentes populares.

David Gesteira | P. Vázquez

A verdade é que estou moi contento co interese da xente no que lles conto. Son dos que creo que se fas algo bo, ten o seu eco no futuro e oxalá así sexa e vexamos un trato diferente da nosa historia tanto nas escolas, coma na política, ou na vida cotiá das xentes.

As temáticas vounas seleccionando segundo me apeteza ou estea ao tanto de novas investigacións que saen á luz e merecen ter un pouco de visibilidade. Tamén me inflúe se vexo algo interesante polas redes sociais ou xornais.

Pois si, aseméllase bastante. Sobre todo ao contido das redes sociais, máis pequeno e dinámico. A idea xurdiu co paso do tempo. Cando comecei a divulgar só por Internet non me imaxinaba publicando un libro de divulgación. Pero un día dinme de conta de que podería ter saída facer algo deste tipo para poder chegar a novos públicos. E escollín Aira e eles a min. Creo que mellor editorial para un libro informativo ilustrado non ía atopar. Danlle un “mimo” diferente a todo o que tocan. Mencionar que no meu caso o libro non sería tan fermoso se non fose por Miguel Robledo, ilustrador afamado e recoñecido polos seus grandes traballos.

A forma de escollelos foi pulindo a idea co editor, César Lorenzo. Pero si que é certo que algúns tiñan que estar si ou si, porque eu o que buscaba era contar determinados procesos da nosa historia. Polo tanto obxectos como os muíños, lagares ou hórreos non podían faltar porque levan miles de anos formando parte da realidade dos galegos e galegas.

O meu favorito é o alquerque ou o Almanaque Agrícola ZZ. Ambos me serviron para falar de realidades “ocultas”. O alquerque para contarlle á xente que no pasado non había só guerras senón que tamén se xogaba e se divertían en comunidade. E o Almanaque porque, aínda que a gran maioría non o sabe, oculta un forte galeguismo e unha defensa da nosa lingua en plena ditadura franquista.

David Gesteira | P. Vázquez

Esta idea de contar a nosa historia desde abaixo xa leva na academia moito tempo. Pero claro, eu non vexo que saíse moito da mesma. Tamén coñezo algo o sistema e teñen complicado sacar todo iso á sociedade. Fan falta colaboracións de varias partes para mudar esta forma de ver a nosa historia.

Agora ben, é válido contar a historia desde arriba porque tamén son consciente de que quen mandaban influían na vida das xentes e iso é innegable. Pero, de xeito particular, a min gústame falar das capas populares porque creo que é unha forma moi válida de acercarnos aos diferentes momentos e épocas da nosa Galicia.

Efectivamente. O libro é moi dinámico e sinxelo e busca contar cousas básicas e xerais desde un punto de vista orixinal e que a xente logo se quere profundar nalgún deles ten a posibilidade de facelo.

Como dixo unha vez a gran historiadora Ofelia Rey Castelao a nosa historia está moi ben investigada, pero moi mal divulgada. Ou sexa, por un lado temos estudos pioneiros da nosa terra pero por outro ninguén coñece esas novas informacións porque non se traballa no altofalante mediático. De ser así, as cousas mudarían. A historia é unha ferramenta poderosísima.

Non, e non creo que desapareza. E tampouco debería desaparecer. Explícome. Ao fin e ao cabo Galicia é un reino dentro da Coroa de Castela desde hai 800 anos. Con máis ou menos integración, pero éche así. Polo tanto, moitas decisións tomadas en Valladolid, Madrid e demais afectaron a Galicia como a calquera outra parte do territorio. Agora ben, o problema está en só facelo dese xeito.

David Gesteira | P. Vázquez

Moitas. Pero de momento debemos centrarnos en canalizar as nosas enerxías en introducir novas informacións da nosa historia na nosa sociedade. Logo poderemos avanzar con máis.

A acollida creo que inmellorable. A xente por redes sociais non para de enviarme fotos do libro ou etiquetarme en publicacións coa adquisición. Arranque incrible que espero que se sosteña no tempo.

Ademais das cousas tan bonitas que me din nas presentacións cando veñen para que lles asine o libro.

Pode ser. Pero claro, non me quero aventurar. Hoxe atópome aquí con apenas un mes desde que saíu ao mercado. Quero gozar desta alegría e divulgalo ao máximo.

Recomendo moito a colección de historia de Xerais para un público que lle guste a historia de Galicia. Para os máis pequenos recomendo a serie “A Galicia Pequeniña” da editorial Aira, que é fantástica e didáctica.

Documentais están moi ben os que fai de cando en vez a Televisión de Galicia. A min particularmente gústame moito o do Reino Suevo ou a serie dos castelos presentada por Alba Mancebo.

Sempre se teñen novas ideas e iniciativas. Algunhas pódense levar a cabo e outras non por falta de tempo. Pero espero seguir sorprendendo á xente en novos formatos e contidos. Para min sempre é un pracer falar da nosa historia.

RIO VERBENA

Tensi Gesteira
Crítica literaria