A Coruña afiánzase esta semana como a capital galega do cómic e a autoedición

A Coruña convértese esta semana no epicentro da banda deseñada e a autoedición coa celebración simultánea de dous eventos fundamentais: o histórico festival Viñetas desde o Atlántico e a duodécima edición do Autobán. Esta coincidencia ofrece unha programación rica en charlas, grandes exposicións, sinaturas, postos de venda e obradoiros con artistas.

A falta de eventos desta tipoloxía en Vigo, aos amantes da banda deseñada e a autoedición non nos queda outra que mirar cara o norte con envexa. Esta semana A Coruña acolle dous eventos de moito peso nestes ámbitos: o Viñetas desde o Atlántico e o Autobán.

REVENIDAS

Viñetas desde o Atlántico é o festival de referencia que trae á cidade exposicións de autores internacionais, charlas ilustradas e a xa clásica “Rúa BD”. Este ano, o evento pon o foco en temas como a memoria histórica, a loita social e a animación, contando con figuras de renome como Raúl García, Troubs ou Mary M. Talbot. As súas actividades repártense por sedes emblemáticas como o Kiosco Alfonso, o Teatro Colón e a carpa da Rúa BD.

Pola súa banda, o Autobán celebra a súa duodécima edición centrándose nos fanzines e o cómic autoeditado. É un festival cun espírito máis lúdico e independente que reúne a máis de oitenta creadores e creadoras da Península. As súas citas estrela son o “Combate de Debuxantes” e o “Autobombo”, celebrándose principalmente no Circo de Artesáns e na Praza de San Andrés.

Programa completo

Luns 10 de agosto

  • 12:00: Inauguración oficial no Kiosco Alfonso.
  • 19:00: Charla ilustrada «’El hijo’ y mis otros hijos» con Tyto Alba na Carpa Rúa BD.
  • 20:00: Tertulia «’Jiujitsufragistas’, la lucha por el voto femenino» con Lisa Lugrin e Clément Xavier na Carpa Rúa BD.
  • 21:15: Concerto ilustrado de Lumedoloop con Alberto Taracido no Teatro Colón.

Martes 11 de agosto

  • 11:00: Presentación e visita guiada á exposición dos Premios Castelao 2026 na Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
  • 12:00: Visita guiada con Miguel Robledo no Palacio Municipal María Pita.
  • 12:00: Clase maxistral sobre o cómic histórico «Polvo, barro y fe» na Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
  • 12:00: Sesión de firmas con Lisa Lugrin e Clément Xavier.
  • 12:30: Encontro con Troubs e Edmond Baudoin na Casa Museo Picasso.
  • 13:00: Entrevista con Alberto Taracido na Carpa Rúa BD.
  • 17:00: Tertulia cos gañadores dos Premios Castelao 2026 na Carpa Rúa BD.
  • 17:00: Cine BD: Proxección de Los Simpson: la película no Teatro Colón.
  • 18:00: Firmas de Xulia Pisón, Alberto Taracido e Miguel Robledo.
  • 19:00: Proxección do documental Aquí donde estoy e coloquio posterior no Teatro Colón.
  • 19:30: Firmas de Troubs e Edmond Baudoin.

Mércores 12 de agosto

  • 11:00: Firmas de Tyto Alba, María Castro Hernández e Miguel Robledo.
  • 11:00: Obradoiro infantil «Personajes mágicos» na Biblioteca Municipal de Monte Alto.
  • 11:30: Charla «Me persigue la ciencia» con Xulia Pisón na Carpa Rúa BD.
  • 12:00: Charla «Campos de refugiados en el cómic» na Carpa Rúa BD.
  • 12:30: Obradoiro de debuxo sobre os Simpson na Sala Palexco.
  • 13:00: Encontro co autor do cartel, Miguel Robledo, na Carpa Rúa BD.
  • 21:30: Encontro Sectorial (con invitación) na Fundación Luís Seoane.

Xoves 13 de agosto

  • 10:00 – 13:00: Revisión de proxectos e mentorías no Circo de Artesáns.
  • 11:00: Maratón de debuxo con Eli García na Rúa BD.
  • 11:00: Firmas de Paula Cheshire, Inés Vázquez e María Brenn.
  • 12:00: Charla ilustrada «Marcopola y amigos» con Jacobo F. S. na Carpa Rúa BD.
  • 12:00: Teatro infantil Alicia! no Teatro Colón.
  • 12:30: Obradoiro de debuxo sobre os Simpson na Sala Palexco.
  • 17:00: Visita guiada á mostra «Ellas son fantásticas» na Sala Salvador de Madariaga.
  • 19:00: Presentación de Palindrotiras de José Pablo García na Carpa Rúa BD.
  • 21:15: Maratón de Pódcast: El nicho ilustrado con David Perdomo no Teatro Colón.

Venres 14 de agosto

  • 11:00: Visita guiada á exposición sobre a Guerra Civil de Paul Preston na Casa Museo Casares Quiroga.
  • 11:00: Clase maxistral de animación con Raúl García na Sala Salvador de Madariaga.
  • 12:00: Tertulia sobre memoria social con Sebas Martín e Pep Brocal na Carpa Rúa BD.
  • 12:30: Firmas de Mary M. Talbot, Bryan Talbot e Raúl García.
  • 19:00: Tertulia «Mujeres en la lucha social» cos Talbot na Carpa Rúa BD.

Sábado 15 de agosto

  • 10:00 – 14:00: Maratón de Pódcast BD (Campamento Kripton, El diario de Kovacs, etc.) no Circo de Artesáns.
  • 12:30: Obradoiro infantil con Jacobo F. S. na Sala Palexco.
  • 19:00: Carrusel BD: Microentrevistas ilustradas na Carpa Rúa BD.
  • 21:00: Fotomatón de familia no Kiosko Alfonso.

Domingo 16 de agosto

  • 11:00 – peche: Showroom de artistas emerxentes da EASD Pablo Picasso na Rúa BD.
  • 12:00: Conversa con Raúl García na Carpa Rúa BD.
  • 13:00: Encontro con Danay Dana na Carpa Rúa BD.

Programa completo

Actividades Permanentes

  • 10 de agosto ao 27 de setembro: Expofanzines 2026 na Biblioteca de Estudos Locais.
  • 11 ao 17 de agosto: Posto Autobán (stand 18) na Rúa BD.

Luns 10 de agosto

  • 18:30 – 20:00: Sinaturas de Troubs e Baudoin no stand 18 da Rúa BD.

Martes 11 de agosto

  • 19:30: Presentación dos proxectos gañadores do III Premio Autobán na carpa de Viñetas.
  • 20:00 – 21:00: Sinaturas dos fanzines gañadores no stand 18 da Rúa BD.

Mércores 12 de agosto

  • 12:30: Obradoiro de debuxo sobre os Simpson (6-9 anos) en PALEXCO.

Xoves 13 de agosto

  • 12:30: Obradoiro de debuxo sobre os Simpson (10-12 anos) en PALEXCO.
  • 19:00 – 21:00: Recital Ilustrado (A208): Poesía e debuxo en directo no Circo de Artesáns.

Venres 14 de agosto (No Circo de Artesáns)

  • 17:30: Cerimonia de entrega do III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego.
  • 18:00 – 19:30: Autobombo: Micropresentacións rápidas de fanzines.
  • 19:30 – 21:00: Combate de Debuxantes: Oito artistas improvisando en roldas sucesivas.

Sábado 15 de agosto (Na Praza de San Andrés)

  • 12:00 – 21:30: Mercado de Autoedición con máis de 80 propostas.
  • 12:30 – 13:30: Obradoiro «Deseña as túas propias pegatas» con Uxía Larrosa.
  • 13:30: Foliadabán: Música e baile tradicional con Folklórikes.
  • 16:30 – 18:00: Sesión DJ con Sekone.
  • 18:00 – 19:00: Obradoiro «Criaturas grampadas» con Espazo Boh.
  • 19:30 – 21:00: Sesión DJ con Xulia Vicente.
  • 23:30: Festón PostAutobán (festa de peche) no Bar 13 (Rúa Orzán).