ENCORDASS

Convocado Humor con H, o concurso de libro ilustrado para facer rir á cativada

O Hematofesti en colaboración con Triqueta Ediora convoca o II Premio Humor con H para álbums ilustrados infantís. O prazo de presentación remata o 1 de outubro e o gañador anunciarase durante o festival, en novembro.

No marco da celebración do festival de literatura infantil e humor HematoFesti e co obxectivo de promover a filosofía do Hematocrítico, convócase o II Premio Humor con H para Álbums Ilustrados cunha dotación económica de 5000 € ao mellor proxecto e a publicación da obra nas catro linguas oficiais do Estado.

REVISTA XUNHO

A convocatoria está aberta ata o o 1 de outubro de 2025 e nela pode participar calquera persoa maior de idade que o desexe. Valoraranse obras de humor orixinais e inéditas en formato álbum ilustrado infantil e en calquera lingua oficial do Estado español. Pódese presentar o traballo en calquera tamaño, técnica ou formato, sempre e cando a extensión máxima non supere as corenta páxinas. A forma de presentación dos traballos pode consultarse nas bases do concurso, dispoñibles na web de Triqueta Editora.

A efectos de elixir a obra gañadora formarase un xurado profesional e experto en álbum ilustrado infantil, que valorará os traballos que se presenten e que concederá o premio tendo en conta a calidade e a complementación entre texto e imaxes, así como o tratamento do humor, eixo central deste concurso. O proxecto gañador desvelarase a primeira quincena de novembro, durante a celebración do Hematofesti en Vigo.