Convocada unha nova edición dos premios Xerais de novela, infantil e xuvenil

A Editorial Xerais convoca unha nova edición do Premio Xerais de Novela, o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Os premios están dotados con 10.000 € e o prazo está aberto ata o 1 de marzo.

Entrega de premios da última edición

A editorial Xerais anuncia a apertura dunha nova edición dos seus prestixiosos premios literarios: o Premio Xerais de Novela, o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. O prazo para a entrega de orixinais remata o 1 de marzo de 2026. Cada un dos tres premios contempla a publicación das obras gañadoras, nas coleccións Narrativa, Merlín e Fóra de Xogo, e unha dotación económica de 10.000 euros por categoría.

Calquera autor ou autora pode participar no premio sempre que presente o seu orixinal en lingua galega conforme á normativa vixente. Os textos teñen que ser inéditos na súa totalidade. Ademais, as persoas que xa gañasen algunha das sete edicións anteriores non poderán presentarse a esta. Os orixinais deben presentarse físicamente no local social de Xerais, na rúa Doutor Marañón, 12, en Vigo.

REVISTA NADAL

Os premios Xerais chegan á súa 43ª edición mantendo un dos sinais de identidade: un xurado formado por lectores e lectoras non profesionais, evitando que quen se dediquen profesionalmente á literatura participen como avaliadores. Os seus nomes daranse a coñecer na primavera, unha vez recibidos todos os orixinais. No mes de xuño celebraranse dúas xuntanzas para escoller as obras finalistas e as gañadoras dos tres premios, que serán anunciadas unha vez o xurado emita o seu veredicto. Xa no outono, despois do proceso de edición, terá lugar a Festa Xerais, na que se entregarán os premios cos tres libros publicados.