Concurso de DJ’s para abrir o Galicia Fest

O Galicia Fest continúa expandindo a súa oferta coa celebración dun concurso de DJ’s en colaboración con Vibra Mahou. A convocatoria está aberta ata o 5 de agosto ás 12:00 h, cun xurado composto por DJ’s internacionais. Os participantes deben enviar un vídeo coa mestura que empregarían para dar comezo ao festival. Haberá dous gañadores, un por cada xornada do festival.

O primeiro paso para participar na competición é subir un reel ás redes sociais coa mestura que lle gustaría que inaugurase o Galicia Fest, etiquetando ao perfil do festival e empregando o hashtag #AbrindoGaliciaFest. Despois, é o turno do xurado profesional que, baixo o seu criterio, decidirá as catro mellores mesturas que pasarán a ser finalistas. Os 4 DJ’s que se disputan a final serán anunciados o 7 de agosto ás 12:00 h, mediante un comunicado no Instagram do Galicia Fest. Finalmente, ábrense as votacións nos comentarios do post de Instagram para elexir ás persoas que ambientará a apertura deste novo evento celebrado no Peirao de Transatlánticos de Vigo o 29 e 30 de agosto.

Haberá un gañador para o venres 29 e outro para o sábado 30, que en ambos casos presentarán mesturas que inclúan algunha canción dun artista presente no cartel do festival. Unha vez presentada a candidatura, as mesturas serán avaliadas polo xurado, que se centrará en criterios como creatividade, técnica e enerxía. Non obstante, a última palabra é do público, que votará polo seu favorito. Podes consultar aquí as bases legais do concurso.

Este novo festival, que aspira a consolidarse na cidade olívica, continúa medrando e sorprendendo ao público co obxectivo de formar unha comunidade. A semana pasada anunciaban a organización dun torneo 3×3 de baloncesto, unha proposta que se suma á programación de actuacións musicais, con figuras do indie e do pop recoñecidas a nivel nacional, e á recente creación deste concurso de DJ’s. Alén disto, o Galicia Fest aínda garda algunha sorpresa por desvelar, como é a confirmación dun dos cabezas do cartel.

Xa van polo último tramo das entradas do venres, que pasan de 35,00 € a 40,00 € (+ gastos de xestión). O abono abono xeral mantense en 50,00 € (+ gastos de xestión). Podes adquirilas a continuación:

ENTRADAS