Concerto de Sés gratuíto e arte contemporánea en VARCO esta fin de semana en Vigo

VARCO 2025 achega pintura, escultura e fotografía nun evento aberto no Auditorio Mar de Vigo. Mentres en Pontevedra máis de 750 artistas comparten baile, teatro e música no Culturgal. A comedia tamén ten protagonismo con monólogos de El Monaguillo e Dani Mateo. Ademais da música de Morricone, Eladio y los Seres queridos, Eskorzo e Sés. A continuación presentamos as nosas dez recomendacións para esta fin de semana, pero na axenda de amovida.gal podedes consultar todos os eventos que hai en Vigo.

Culturgal 2025 – Do venres 28 ao domingo 30 no Pazo da Cultura de Pontevedra – Desde 3,00€

Este ano Culturgal presenta a súa edición máis ambiciosa, con máis de 750 artistas, 225 espectáculos e actividades para todas as idades. No eido do humor con retranca destacan Xosé A. Touriñán, Pablo Meixe ou Patricia Castriñón; mentres tamén a danza e o teatro con Artur Puga en ‘Ven e baila’ ou ‘Bibopalula. O espectáculo’.Por suposto tampouco falta a música coas actuacións de A Pedreira, Faia Díaz ou Felisa Segade entre moitos outros.

Felisa Segade

VARCO 2025 – Do venres 28 ao domingo 30 no Auditorio Mar de Vigo – De balde

VARCO é unha feira de arte aberta que busca dar visibilidade a artistas pictóricas de todo tipo, desde veteranos ata novos nomes. Un bo lugar para aprender e disfrutar da arte desde o coñecemento ou a curiosidade. Este ano o venres inauguran o evento cunha entrega de premios na que a organización e empresas colaboradoras comprarán obras dos participantes. Paralelamente a exposición, celébranse dous obradoiros, o sábado Isabell Seidel ensinará a facer paisaxes abstractas con acuarelas, e o domingo Diana Cordero impartirá unha clase de pintura con espátula.

Festifolc 2025 – Do venres 28 ao domingo 30 pola tarde no auditorio da S.C.D. Atlántida de Matamá – De balde

O festival de folc de Matamá ofrece tres xornadas de música tradicional. O venres abren ás 20:30 h con reguefeiros e o Grupo de Gaitas e Acordeóns Atlántida de Matamá. O sábado celebran a música Setecuncas e os portugueses do Grupo Folclórico de Ganfei-Valença. Remata o evento o domingo da man de Andarela e as Cantareiras Atlántida.

Concerto de Sés – venres 28 ás 20:00 h no Teatro Salesianos – De balde

A semana do 25N remata a programación organizada polo Concello de Vigo coa actuación de Sés. A icónica cantante coruñesa ten un estilo que fusiona o rock clásico soa música de cantautora e unha presenza feminina reivindicativa que a converten nun nome máis que adecuado para pechar as homenaxes desta semana. Un privilexio para quen poida estar no teatro dos Salesianos este venres.

Efectiviwonder’ con El Monaguillo – Venres 28 ás 21:00 h no Auditorio Mar de Vigo – Desde 23,00 €

O cómico malagueño chega a Vigo cun monólogo centrado en certa nostalxia, os cambios e grandes diferenzas de como foi a súa infancia en comparación coa experiencia de agora. Un espectáculo de non parar, ou non calar no seu caso, que leva polo país adiante para conquistar aos amantes do humor con máis enerxía que nunca.

Concerto de Eskorzo – Venres 28 ás 21:30 h na Sala Rebullón – Desde 27,50 €

Fusión de rock, ska, funk, ritmos latinos, africanos é o que nos depara o venres na sala Rebullón. Agora parecería que moitos grupos fan isto, pero Eskorzo leva xa moito tempo facendo este tipo de música, de feito, poden considerarse pioneiros do movemento “mestizo”. Os sete granadinos levan nas súas costas un percorrido de envidia con colaboracións con Celso Piña ou Albert Plá.

Concerto de Eladio y los seres queridos – Sábado 29 ás 19:00 h no Fnac do CC Vialia – De balde

Pop, indie, folk e canción de autor mestúranse en melodías precisas e letras frescas, reflectindo máis de dúas décadas de carreira. O seu último traballo, B.S.O 2005-2025, é unha antoloxía en directo con cancións emblemáticas e colaboracións de Eva Amaral, Depedro, Vega, Fillas de Cassandra ou Pucho de Vetusta Morla. Na FNAC do Centro Comercial Vialia estarán asinando discos e dando este concerto como anticipo da actuación coa que abrirán o Festival PortAmérica de 2026.

Morricone y 100 años de cine’ – Sábado 29 ás 19:30 h no Auditorio Mar de Vigo – Desde 39,00 €

A Royal Film Orchestra está formada por profesores de música que ofrecen a música orquestral da maneira máis accesible, que move ao público de todas as idades e segmentos, xa que se especializan no cine. A música de películas icónicas pode dar un espectáculo que non ten nada que envidiarlle as pezas clásicas, e Ennio Morricone é un dos compositores máis importantes da gran pantalla. Este concerto é en honor ao italiano con música de filmes icónicos como El bueno, el feo y el malo (1969)La misión (1987) ou cinema Paradiso (1988).

‘Non pasarán’ – Sábado 29 e domingo 30 ás 20:00 h na Sala Ártika – Desde11,00 €

Unha obra de teatro impulsada pola compañía da propia Sala Ártika, a historia de Non pasarán ambiéntase nun país sacudido polos incendios no que a cidadanía decide negar a acollida de forasteiros no fogar, norma que os protagonistas rompen con consecuencias inesperadas. É unha comedia crítica e contemporánea que mergulla ao espectador nun contexto distópico de medo colectivo e resistencia social.

‘¿Por qué no te callas?’ con Dani Mateo – Domingo 30 ás 19:00 h no Teatro Afundación – Desde 22,00 € 

REVISTA NADAL

Dani Mateo ironiza neste show sobre o estado das cousas actualmente. O pesimismo e a visión do mundo como o peor momento da humanidade é unha esaxeración para o cómico, que prefire céntrase nas cousas boas, como os vídeos de Miguel Bosé ou a competición en internet por ver quen atopa o animal máis estrafalario polo centro das cidades. Convida ao público a centrarse no punto de vista humorístico e máis positivo dos tempos que corren.