CASAACUNHA

A organización de O Marisquiño lanza un comunidado destacando o civismo

Segundo Emerxencias de Galicia os feridos atendidos foron 316 dos cales 9 aínda seguen ingresados, 5 de eles en estado grave.

A zona do accidente esta mañá | @112galicia

Está mañá a organización do festival lanzou un comunicado onde “lamenta profundamente o accidente da noite pasada e se solidariza con tódolos feridos e os seus familiares” destacando que agora mesmo a prioridade absoluta está velar pola súa pronta recuperación.

Banner A Movidiña

Tamén destacaron “o civismo demostrado polas miles de persas que abandonaron de forma ordenada o recinto e permitiron o traballo dos equipos de rescate e seguridade, os cales realizaron unha gran labor”. O Marisquiño deixa claro que o recinto atópase baixo precinto xudicial, á espera dos informes dos peitos para delimitar as causas técnicas do derrube da pasarela afectadas” e salientan que “os concertos organizados cumprían coas condicións de seguridade requeridas pola lexislación”

Por outra banda, desde Emerxencias de Galicia fan un informe do acontecido e elevan a 316 as persoas atendidas por mor do accidente: 144 foron no Álvaro Cunqueiro, 33 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 69 en Povisa, 23 en Fátima, 11 no Montecelo, 5 en El Castro, 1 en Concheiro, 2 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

Agora mesmo son 9 os feridos que aínda permanecen ingresados, cinco no Hospital Álvaro Cunqueiro e catro en Povisa.