Colexio San José de Cluny

Publirreportaxe

O Colexio Concertado Plurilingüe San José de Cluny ofrece un lugar onde os nenos e nenas se sintan seguros, queridos e acompañados cada día. Un espazo no que as familias confían e no que saben que os seus fillos están en boas mans. O centro acolle a alumnos e alumnas desde Infantil ata Bacharelato; os pais e nais interesados en coñecelo máis polo miúdo poden acudir as portas abertas solicitando cita previa.

Desde o primeiro momento, Cluny Vigo respírase como un colexio próximo, familiar e acolledor, no que cada alumno e alumna importa. O seu lema, “Acompañamos hoxe a quen construirá o mañá”, non é só unha frase: é unha maneira de entender a educación, baseada na atención individual, no respecto aos ritmos de cada neno e na colaboración constante coas familias.

O centro ofrece un percorrido educativo completo desde Educación Infantil ata Bacharelato e Ciclos Superiores, cunha aposta clara por metodoloxías activas que fan do alumnado o verdadeiro protagonista da súa aprendizaxe. O traballo por proxectos, a aprendizaxe cooperativa e a participación en programas internacionais como Erasmus axudan a que os rapaces e rapazas aprendan facendo, preguntando e traballando en equipo, preparados para a vida real.

As familias valoran especialmente o ambiente do centro: un cole onde os profesores coñecen aos alumnos polo seu nome, onde se escoita, se acompaña e se coida. Porque cando un neno se sente ben, aprende mellor.

As instalacións, cunha extensión de máis de 10.000 m², están pensadas para que o día a día sexa dinámico e enriquecedor: aulas tecnolóxicas, laboratorios, aula de música, radio propia, polideportivo, ximnasio, biblioteca, aula dixital, capela e salón de actos. Espazos nos que aprender tamén significa descubrir talentos, gañar confianza e compartir experiencias.

Neste centro educativo a educación en valores é unha feito. Ensínase a convivir, a respectar, a ser responsables e autónomos, entendendo que esa é a mellor base para o futuro. A competencia dixital trabállase desde un uso consciente e responsable das tecnoloxías e os idiomas forman parte do día a día desde ben pequenos: inglés desde os tres anos e francés a partir dos seis.

Pensando na realidade das familias, o centro conta con servizo de madrugadores e cun completo programa de actividades extraescolares, con especial atención ao deporte, favorecendo a conciliación e o desenvolvemento integral dos nenos e nenas. Ata contan cun club deportivo propio!

OV430

Ofrecen visitas personalizadas, porque saben que cada familia ten as súas dúbidas, expectativas e ilusións. Visitar o cole, falar con calma e coñecer o ambiente é a mellor maneira de sentir se é o lugar axeitado. As familias interesadas poden coñecer máis do día a día do centro a través de Instagram, visitar a súa web ou contactar directamente por WhatsApp no 605 49 86 89 para solicitar unha cita.