Colexio Plurilíngüe Alborada
Publirreportaxe
O CPR Plurilingüe Alborada é unha cooperativa de profesoras e profesores con máis de 45 anos de experiencia educativa na cidade. Situado na Avenida do Aeroporto, 392 (Candeán), o centro ofrece ensino desde Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, ademais de Educación Especial, garantindo unha atención integral ao alumnado en todas as etapas.

O centro conta cun horario lectivo de xornada única, de 8:40 a 14:00 horas, e permanece aberto desde as 7:30 ata as 17:30 horas grazas aos servizos de aula matinal, comedor e ludoteca, facilitando así a conciliación familiar. O comedor escolar ofrece menús equilibrados e adaptados ás necesidades nutricionais do alumnado, deseñados por unha nutricionista.
O feito de ser un centro dunha soa liña educativa en todas as etapas favorece un ambiente próximo e familiar, permitindo unha atención máis personalizada e unha resposta axeitada á diversidade, cun firme compromiso coa educación inclusiva.
O Colexio Plurilingüe Alborada forma parte da rede de centros plurilingües da Xunta de Galicia e conta coa acreditación como centro plurinfantil. Dispón de especialistas en lingua inglesa desde Educación Infantil ata a ESO, así como de auxiliar de conversa nativo en todas as etapas. Ademais, organiza viaxes de inmersión lingüística e intercambios con centros educativos europeos, estando previsto para este curso unha viaxe a Edimburgo (Escocia) para alumnado de ESO.

No ámbito das novas tecnoloxías, o centro conta con profesorado especialista que imparte sesións desde idades temperás, traballando o pensamento computacional, a programación, a robótica e a intelixencia artificial. A través do seu Club de Ciencias, o colexio fomenta as vocacións científicas, ofrecendo ao alumnado a posibilidade de desenvolver pequenas investigacións e participar en feiras e exposicións científicas.
En Educación Infantil, empréganse metodoloxías activas como a aprendizaxe baseada en proxectos e o método ABN para o cálculo. Nesta etapa, o alumnado recibe tamén clases impartidas por profesorado especialista en música, inglés, STEM, psicomotricidade, así como apoio de pedagoxía terapéutica (PT) e audición e linguaxe (AL), co obxectivo de potenciar ao máximo o desenvolvemento integral do alumnado.

O centro complementa a súa oferta educativa cun programa de actividades extraescolares, adaptado cada curso á demanda do alumnado. No curso 2025/2026 inclúense actividades como natación, pequechef e inglés, este último en colaboración co centro Schoolhouse. Así mesmo, organízanse saídas didácticas e campamentos de dous ou tres días, favorecendo a aprendizaxe experiencial e o contacto coa contorna.
As xornadas de portas abertas darán comezo o 2 de febreiro. As familias interesadas poden inscribirse a través do formulario dispoñible na páxina web, no apartado de preinscricións, ou solicitar unha cita chamando ao 986 272 432




