Cinco rutas de sendeirismo en Vigo

Se buscas descubrir o lado máis natural de Vigo, afastado do tráfico e a calor asfixiante, estas cinco rutas de sendeirismo son unha excelente porta de entrada. Desde suaves camiñadas a carón do río ata percorridos esixentes entre carballeiras, fervenzas e restos arqueolóxicos, Vigo ofrece unha rede de sendas sorprendentes a poucos minutos do centro.

Monte Alba e Cepudo – 13 km en 4 horas. Circular.

Podemos chegar ao cumio do Cepudo en coche e adaptar a ruta segundo os quilómetros e dificultade que esteamos dispostos a facer. A opción fácil pode ser subir simplemente ata a capela do Monte Alba, ou coller algúns dos senderiros sinalizados en verde que atopamos no parque.

Se estamos con vontade dun percorrido máis longo, recomendamos coller a GR53.1cara Chandebrito e pasar polo castro e petroglifos desta parroquia. A volta faise pola  PR-G 9, que percorre outeiro Grande, a fraga de Rodas e a capela de monte Alba. Esta última subida ao Monte Alba é bastante esixente. Ruta circular do Cepudo a Chandebrito en Wikiloc.

Paseo do Lagares – 10 km en 2 horas

Senda fluvial moi marcada á que é doado chegar sen coche. Trátase dun paseo moi chairo, a carón do río e para todos os públicos. Sae da antiga fábrica de Santa Clara en Lavadores e chega ata o final de Samil. Pódese coller en calquera punto, pero recomendamos dous treitos: o de Lavadores, recentemente inaugurado e conta con pequenas cascadas como a da Cova da Serpe; e o tramo de Sárdoma ata Castrelos. Punto no que comeza a ruta.

Muíños do Río Eifonso – 5 km en 1:30 hora

Ruta sinalizada en amarelo como PR-G5 que vai desde a carretera de Bembrive ata o parque Forestal de Beade. Discurre entre carballos, o río, unha fervenza e os muíños rehabilitados e non ten ningún tramo de asfalto. Conta con forte pendente nalgúns tramos, xa que todo o percorrido é en ascenso polo que pode non ser recomendable para nenos pequenos. O treito máis recomendable é a parte baixa, onde se atopan os muíños e a pequena fervenza. Punto no que comeza a ruta.

Senda azul da Guía – 6 km en 1:30 hora. Circular

Percorrido circular e moi adaptable que permite coñecer este recuncho verde da cidade. Podemos aparcar na antiga ETEA e dar un baño na praia da Punta ou as escondidas calas, antes de subir ata a hermida e pasear á sombra pola descoñecida carballeira,

Parque Forestal de San Miguel de Oia – 4 km en 1 hora. Circular.

Desde o merendeiro do parque sae unha ampla pista forestal moi axeitada para bicis e familias. Podemos percorrela ata o petroglifo do Carballoso e desfrutar das vistas ás Cíes, volvendo polo mesmo camiño. Paga a pena desviarse brevemente para visitar o miradoiro de Carballoso e o do Outeiro da Raposa, con vistas panorámicas á ría.

@amovidavigo

Indicacións para facer esta rutas 👇​👇​ 🚶‍♀️​Monte Alba e Cepudo -Podemos chegar ao cumio do Cepudo en coche e adaptar a ruta. Recomendamos coller a GR53.1cara Chandebrito e pasar polo castro e petroglifos desta parroquia. A volta faise pola  PR-G 9, que percorre Outeiro Grande, a fraga de Rodas e a capela de Monte Alba | 13 km en 4 horas. Circular. 🚶‍♀️​ Paseo do Lagares – Senda fluvial moi marcada e para todos os públicos. Sae da antiga fábrica de Santa Clara e chega ata o final de Samil. Pódese coller en calquera punto e os tramos máis recomendables son o de Lavadores (que conta con pequenas cascadas como a da Cova da Serpe) e o de Sárdoma ata Castrelos. | 10 km en 2 horas 🚶‍♀️​ Muíños do Río Eifonso PR-G5 – Ruta de Bembrive ata o parque Forestal de Beade ben sinalizada. Discurre entre carballos, o río, unha fervenza e os muíños rehabilitados. Conta con forte pendente nalgúns tramos, xa que todo o percorrido é en ascenso. | 5 km en 1:30 hora. 🚶‍♀️Senda azul da Guía – Percorrido circular e moi adaptable que permite coñecer este recuncho verde da cidade. Podemos aparcar na ETEA e dar un baño na praia da Punta ou as escondidas calas, antes de subir ata a hermida e pasear á sombra pola carballeira | 6 km en 1:30 hora. Circular. 🚶‍♀️ Parque Forestal de San Miguel de Oia – Desde o merendeiro do Parque sae unha ampla pista forestal moi axeitada para bicis e familias. Podemos percorrela ata o petroglifo do Carballoso e desfrutar das vistas ás Cíes. Se buscamos máis intensidade, podemos subir ata o alto da Medoña e ver o antigo castro celta | 7 km en 2 horas. Circular.

♬ Coastline – Hollow Coves

Máis información sobre rutas de sendeirismo en Vigo neste artigo de 2018.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.