Seis mercados de artesanía e roupa alén da Alameda, Vialia e Bouzas
Nestas semanas podemos atopar en diferentes espazos da cidade mercados de artesanía, roupa, discos e libros, independentes dos instalados polo Concello na Alameda, Vialia e Bouzas. Preme no título de cada mercado para obter máis información.

Domingo 7 | Mercado da Arte – Mercado do Calvario
A Praza de Abastos abre o 7 de Decembro para converter os bancais das peixeiras e o primeiro andar en postos onde mostrarán o seu traballo oitenta artistas e artesans que, tras convocatoria, foron seleccionados entre cerca de 300 solicitudes. As disciplinas que destacan ese día son: pintura, ilustración, textil, xoieria, serigrafía, cerámica…
Xoves 4, venres 5, xoves 11e venres 12 de 12:00 a 20:30 h | Vintax Market – Plaza Elíptica
Un mercado de arte, roupa e bisutería sostible e artesanal, con máis de 30 profesionais e particulares repartidos nas catro xornadas.
Sábado 13 de 11:00 a 20:00 h | Salseo Market – Supra Lab (Rosalía de Castro, 17)
Mini pop up store de gráfica, téxtil, ilustración, cerámica e un feixe de traballos fermosos que merecen ser vistos, tocados e celebrados. Supralab terá as portas abertas, con sesión de DJ, bo ambiente e artistas con ganas de conversar, amosar o seu proceso e compartir con agarimo aquilo que fan.
Sábado 13 e domingo 14 | Destroy XMAS – Bottega9994 (Churruca, 3)
Inauguración do novo espazo artístico Bottega9994 en Churruca cun mercado de artesanía de artistas locais.
Desde mediados de mes | Centro Comercial Camelias
Stands de libros, CD e vinilos na planta alta
Desde novembro | Rastrillo Solidario – Hernán Cortés, 1
Aberto desde o 10 de novembro, trátase dun mercado solidario organizado pola Asociación Española Contra o Cancro.



