Cinco cousas que debes saber antes de ir a O Son do Camiño
Os días 12, 13 e 14 de xuño celébrase no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, O Son do Camiño. Moitas son as persoas que se achegarán desde diferentes puntos de Galicia, Vigo entre eles, polo que aquí trataremos de responder as dúbidas máis comúns.

Como chegar
Se vas acudir a Santiago en tren lembra que coa túa entrada ao festival tes un 10 % de desconto no billete. Unha vez alí, para chegar ao Monte do Gozo hai varias opcións utilizando o autobús: as lanzadeiras E1 (desde a Cidade da Cultura, onde podes deixar o coche), E2 (desde a Estación Intermodal), E3 (desde o Multiusos do Sar) e as liñas regulares 6 e 7. Se vas en coche, para aparcar recoméndase a Cidade da Cultura, o Multiusos do Sar, o Estadio Vero Boquete e a Área de estacionamiento de Santa Marta e Pontepedriña.
Pulseiras
A entrega de pulseiras é persoal e só poderá recollelas quen se presente fisicamente no punto de pulseración. Non se permite recoller pulseiras en nome de terceiros. Esta pulseira é persoal e intransferible, é o equivalente á túa entrada. Non está permitido quitarsela ou manipulala. Se se detecta que foi alterada ou emendada, a organización estará autorizada a privar ao seu portador do acceso ao recinto. Se queres conseguir a túa pulseira antes de chegar ao recinte, podes facelo o luns 9, martes 10 e mércores 11 de 10:00 a 20:00 h en El Corte Inglés de Santiago.
Podes recargar en liña, tras a adquisición da túa entrada de día ou abono, creando unha conta Cashless na web do festival. Se realizas o teu recarga antes do festival poderás beneficiarte das promocións vixentes con saldos promocionais extra non reembolsables.
Mapa do recinto
O festival repite o formato dos anos anteriores, onde os dous escenarios principais están pegados un ao outro, evitando así grande desprazamentos de xente entre concertos. Algo máis lonxe do anfiteatro principal está o escenario Son Electro, dedecado á música electrónica. Existe unha zona de comida separada e un total de oito servizos, nove barras e cinco puntos de recarga para a pulseira.

Onde durmir
O festival ofrece diferentes opcións: a máis básica é a zona de descanso, na que reservas unha parcela individual de 3×1 metros onde colocar a túa tenda de campaña. O camping conta con duchas, servizos, bar e enchufes para cargar aparatos electrónicos (non incluído no prezo). Tamén existe a opción de alugar tendas xa montadas, con ou sen colchons.
Horarios
Os horarios dos concertos sempre son unha das novas máis esperadas. Por sorte, nesta edición do Son do Camiño non hai solapes nos escenarios principais, xa que están un pegado ao outro. Por se aínda non te enteraches, King of Leon caeu do cartel a última hora por moitvos de saúde do cantante e foi sustituído pola banda británica Kasabian.


