CASTRELOS 25

Chucho Valdés, Festa da Alegría e Cintaadhesiva esta fin de semana en Vigo

Oxalá a climatoloxía se porte ben esta fin de semana, pois temos moitos e moi variados eventos, algúns deles ao exterior. Festas de barrio, concertos, monólogos, paseos, pintura ao aire libre, espectáculos, exposicións… Hai plans para todos os gustos. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Cintaadhesiva nun concerto | P. Vázquez

FEIRA DE ABRIL – De xoves a domingo na Praza do Berbés – De balde

Entre o 12 e o 15 de xuño, a Casa de Andalucía en Vigo organiza a Feira de Abril na Praza do Berbés. Haberá pescaíto, casetas, rebujito, farolillos, volantes, sevillanas, música e moita arte. Ademais, o xoves, 12 de xuño, ás 21:00 h actuará o grupo Alma Flamenca.

FESTA DA ALEGRÍA – Desde o venres no Calvario – De balde

A popular Festa da Alegría volve á peonil do Calvario. Nesta ocasión, celébrase entre o 13 e o 22 de xuño. Como de costume, conta con postos de artesanía, obradoiros, ruadas, animación na rúa, contacontos e concertos: esta finde actuarán Serpe, Power 5, El trío de Jack e María Ferregón o venres, Uxía Lambona, La sombra de Justine, The Twimpins, Fucksimils e Smoke Sellers o sábado e o Ateneo Musical de Bembrive o domingo.

O Teatro Ensalle acolle un espectáculo de Cintaadhesiva, un dúo de e-poesía (poesía con música electrónica) composto por Jesús Andrés (vídeo e son) e Silvia Penas (voz). O espectáculo promete ser unha experiencia moi completa, de grande intensidade, que destaca polo seu posicionamento feminista e crítico.

PINTA BOUZAS – Sábado ás 10:30 h no Palco da Alameda de Bouzas – De balde

Evento de debuxo ao aire libre organizado pola Cultural de Bouzas. A idea é facer todos os debuxos que se queiran dos diferentes recunchos de Bouzas para, posteriormente, facer unha exposicion.

ME LLAMAN CALLE – Sábado de 13:00 a 21:00 h no bar A Póla – De balde

A Póla acolle Me llaman calle, unha exposición do fotógrafo vigués Jorge Lens. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid e doutor pola Universidade de Vigo, exerce como profesor de fotografía nesta última. Ao mesmo tempo, desenvolve diversos proxectos de fotografía de autor, na súa maioría de fotografía urbana. Ditos proxectos, en numerosas ocasións, rematan sendo expostos. Un bo exemplo é Me llaman calle: unha viaxe a través de fotografías urbanas tomadas en grandes cidades de todo o mundo. A maiores, a mostra está acompañada por un evento musical único que reúne a numerosos artistas da cidade.

DUELOS SALVAXESONS – Sábado ás 19:00 h en Vialia – De balde

A terceira edición do concurso de bandas Salvaxesons, organizado polo festival The Wild, celebra a súa fase de duelos no C.C. Vialia, onde se decidirán as catro bandas finalistas. A primeira parte dos duelos se celebra o 14 de xuño, a partir das 19:00 h, e a segunda o 21 de xuño á mesma hora. O programa para esta primeira xornada será Exeria VS Nave e Why Not? VS Supergigante.

MARINITA Y SUS MAROMAS – Sábado ás 20:00 h no Auditorio de Teis – 10,00 €

Como cada mes, o Auditorio de Teis acolle un novo espectáculo de cabaré de Marinita y sus maromas, a primeira compañía de teatro Drag de Galicia. Crean comedias musicais con shows Drag mesturando voz en directo e baile. As entradas poderanse mercar esa mesma tarde no propio auditorio.

NO TENGO REMEDIO DE DAVID NAVARRO – Sábado ás 22:30 h no Teatro García Barbón – Desde 20,00 €

Desde que é cómico, David Navarro non deixou de enfadarse no escenario con todos aqueles que lle facían a vida imposible e con todo o que lle poñía dos nervios. Agora chegou o momento de facelo sobre si mesmo. En No tengo remedio, o artista xienense se sincera, por primeira vez, ante o seu público de todos os seus pecados, das súas estúpidas teimas, do insoportable que pode chegar a ser e faino buscando a redención, o perdón de Deus e de todos os demais, incluído ti.

FREE TOUR PATRIMONIO INDUSTRIAL – Domingo ás 11:30 h desde a Praza de Eduardo Fadrique – De balde

Ante a recente aprobación do novo PXOM, e valorando como moi escasa a protección do patrimonio industrial da nosa cidade, diferentes asociacións da cidade queren facer público que están traballando na documentación para solicitar á Conselleira de Patrimonio da Xunta de Galicia a catalogación dalgún dos elementos máis destacados do barrio como Ben de Interese Cultural, considerando esta como a única vía para a conservación íntegra dalgúns dos polígonos industrias máis importades de Vigo a nivel histórico, arquitectónico, artístico e social. A fin de dar a coñecer  a importancia destes elementos, convocan á cidadanía de Vigo a un Free Tour o domingo 15 de Xuño ás 11:30 h con saída desde a Praza de Eduardo Fadrique para coñecer  a historia das industrias e edificios dos polígonos da praza da industria a Jacinto Benavente.

CHUCHO VALDÉS – Domingo ás 20:00 h no Teatro García Barbón – Desde 33,00 €

RIO VERBENA

A aclamada lenda viva da música afrocubana, Chucho Valdés, 7 veces gañador do premio Grammy e 6 veces gañador do premio Grammy Latino, é un destacado compositor e pianista, que conta con gran recoñecemento internacional pola súa maneira maxistral de fusionar elementos da tradición musical afrocubana, o jazz, a música clásica e o rock, cun estilo intensamente persoal. A formación Chucho Valdés Royal Quartet presentará os temas do disco Cuba & Beyond (InnerJazz, 2024), nomeado aos premios Grammy 2025, que contén temas como TatomaniaMozart a la cubana e Armando’s Rhumba, o seu tributo persoal ao pianista e amigo de toda a vida, Chick Corea.