REVISTA MARZO

Castrelos acollerá catro espectáculos infantís

O Concello desvela a programación infantil para este verán en Vigo, que contará con catro espectáculos pensados para os máis pequenos e para gozar en familia. Celébranse cada martes, desde o 19 de xullo e ata o 9 de agosto ás 20h. Se queres coñecer a programación de Castrelos para adultos, podes vela aquí.

O Rei da Sabana , espectáculo infantil en Castrelos en 2019

O cartel das festas de Vigo amplíase cunha oferta familiar, que terá lugar durante catro martes no Paqreu de Castrelos e con acceso gratuíto. A primeira proposta chega ao escenario o 19 de xullo será Coco Tributo Musical, a adaptación do filme de Disney, unha historia baseada na tradición mexicana do Día de Mortos, que nos achega á vida dun mozo que soña con ser un gran músico tendo que enfrontarse á oposición da súa familia.

Banner A Movidiña

O segundo espectáculo terá lugar o 26 de xullo e trátase tamén dun músical, nesta ocasión O Rei da Sabana, a primeira adaptación ao galego dun dos musicais máis teatrais da actualidade cun elenco de 13 solistas e un coro de máis de 20 voces en directo, nunha ambientación de gran impacto visual.

O 2 de agosto poderá gozarse o espectáculo Magic Dreams, un tributo ás cancións infantís que combina a maxia, música e contos populares con Mickey Mouse vivindo aventuras de varios contos da factoría Disney, cancións en directo, acrobacias e coreografías de vertixe.

A cuarta proposta, o 9 de agosto, será I love Rock & Roll, un espectáculo didáctico de 60 minutos de duración con música en directo para dar a coñecer a historia do rock and roll a través da interpretación de temas populares de diferentes épocas e bandas históricas como The Beatles, Led Zeppelin, AC/ DC, Guns& Roses, Metallica, Iron Maiden ou Nirvana.