VIALIA
bannerPicnicSesions

Casa Cerralbo, calidade ibérica

A rúa do Príncipe presenciou este ano a apertura dun negocio insólito na milla comercial, a chacinería salamantina Casa Cerralbo. É dificil non fixar a vista nos bocadillos de xamón e o hornazo que exibe o comercio no escaparate, antesala do suculento surtido de produtos de porco ibérico que atoparemos no interior.

O carácter dunha zona urbana vén dado en boa parte polo tipo de negocios que nela se instalan. É o caso da rúa do Príncipe, vía comercial onde a roupa ten case o monopolio. Por iso a ningún lle pasou desapercibida unha das últimas a aperturas en tan senlleira vía, Casa Cerralbo.

O motivo salta á vista para a xerente do establecemento, Lucía Fernández: «Gústanos porque é unha rúa céntrica e de paso», conta entusiasmada, e engade que tamén é marca da casa fuxir das rúas ocupadas pola hostalería. Casa Cerralbo especializada en carnes helmánticas conta tamén con tendas en Santander, Oviedo e, proximamente, na Coruña. O motivo desta expansión polo norte da Península é para Lucía «porque é onde non hai tanto coñecemento dos produtos ibéricos, mentres que cara ao sur o mercado está máis saturado».

Todos os xamóns e embutidos que se venden aquí veñen de porcos criados en Salamanca, onde esta empresa familiar posúe máis de mil hectáreas de devesas. Os xamóns cúranse durante tres anos en bodega, na mesma na que comezarou este negocio familiar en 1918. O rebandado e o envasado realízanse na propia tenda, polo que o produto está sempre acabado de cortar.

O xénero é o propio dunha chacinería mesetaria tradiciona, algúns deles inéditos nos ultrmarinos galegos: chourizo, lingua curada, lombo ibérico, morcilla, morcón, paleta, xamón… O produto máis selecto é o lomito, un embutido de presa ibérica «parecido ao lombo, pero dunha calidade superior», conta Lucía. O máis emblemático é o farinato, parecido a unha morcilla e elaborado con fariña, manteiga de porco e pemento moído. Trátase dunha preparación que non é habitual atopar fóra da provincia salmantina. Tamén enche o ollo o morcón, un chourizo de gran diámetro, pois está embutido no intestino groso.

REVISTA ABRIL

Sen dúbida, o que máis chama a atención dos transeúntes son os bocadillos de xamón ibérico e o hornazo —empanada castelá de solombo adubado e chourizo—  que están expostos no escaparate. Unha tentación á que é difícil non sucumbir.

De cara ao Nadal, Lucía fai fincapé no apropiado dos xamóns de landra e cebo de campo, “un acerto tanto para agasallar como para ter na casa”. Tamén ofrecen a posibilidade de adquiri un lote de produtos composto pola súa excelente chacinería ibérica e complementos como viños e queixos. Na tenda podemos atopar dous packs xa feitos de diferentes prezos, pero tamén poderemos crear un propio segundo o noso gusto e presuposto. Iso si, Lucía recoméndanos non deixalo para o último minuto, debido á cantidade de clientes que terán nas próximas semanas.

Rúa do Príncipe, 28 | 886 03 53 96 | @casacerralbovigo

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.