REVISTA NOVEMBRO

Cañaveral coloca o brunch no epicentro de Vigo

O restaurante Cañaveral, que abriu as portas hai dous anos e medio para revolucionar o punto cero da cidade, acaba de renovar carta e imaxe centrándose na moda do brunch.

Despois duns días pechado por reformas o restaurante Cañaveral, emprazado en plena Pora do Sol, reabre hoxe as portas estreando imaxe e carta. Desde a xerencia do local sinalan que levaron a cabo cambios tanto no servizo como no espazo tendo en conta as suxerencias dos clientes “co obxectivo de ofrecer unha experiencia gastronómica superior”.

Ubicado no histórico edificio Simeón, o establecemento garda a estética cool que o caracteriza desde a súa apertura pero con algúns cambios que pretenden mellorar a comodidade e o ambiente do restaurante sen perder a esencia que o define. Manteñen unha carta extensa que se divide en dous apartados: comida e brunch, que podemos gozar nun extenso horario que vai desde as 10:00 h ata a medianoite.

Cañaveral centra gran parte dos esforzos na moda do brunch ofrecendo unha carta na que atopamos torradas salgadas e doces, bowls, crepes, panqueiques, arepas, bagels e tortas, que se poden acompañar de zumos naturais, batidos ou mimosas, unha especie de cóctel preparado con base de cava e froitas. Outra das novidades desta nova etapa é o especial coidado que a partir de agora Cañaveral quere dar ao mundo do café, contando na equipa con baristas especialistas.

Praza Porta do Sol, 6
623 02 48 45 
Facebook: @canaveralvigo
IG: @canaveral_vigo