Campemento en plena natureza sen saír de Vigo na Fundación Sales
Xa está aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán de Sales Xardín, unha proposta pensada para que os máis pequenos e pequenas desfruten dun verán inesquecible en contacto coa natureza, nun ambiente tranquilo, familiar e cheo de actividades educativas e lúdicas.
Publirreportaxe

O campamento desenvolverase nun espectacular xardín de 6.000 metros cadrados que, entre os meses de abril e outubro, permanece pechado ao público durante as mañás. Isto permite que os nenos e nenas poidan gozar do espazo con maior liberdade e seguridade, converténdoo nun lugar de encontro, aprendizaxe e diversión.
As actividades do día a día estarán centradas no contacto coa natureza, os xogos ao aire libre, os deportes, os obradoiros de manualidades, o coñecemento da fauna e da flora, así como na educación e concienciación ambiental. Ademais, tamén haberá colaboracións externas e divertidas xincanas adaptadas ás diferentes idades.
O campamento organizarase en dous grupos segundo as idades, cun máximo de dez participantes por grupo, favorecendo así unha atención próxima e personalizada. O xogo será a principal ferramenta de aprendizaxe e desfrute, tendo sempre presente que as vacacións son un momento para pasalo ben e crear recordos especiais.
Este verán, os grupos estarán coordinados por Cristian Brea e Paula Vila, dous profesionais con ampla experiencia, apaixonados pola educación e comprometidos en facer que cada xornada sexa única para os nenos e nenas.

Información do campamento
- Período: do 22 de xuño ao 4 de setembro.
- Horario: de luns a venres, de 9:30 a 14:00 horas.
- Inscrición mínima: unha semana, con posibilidade de escoller semanas alternas.
- Idades: a partir de 4 anos e sen límite máximo de idade “mentres queiran vir”.
- Servizos adicionais: opción de madrugadores de 8:30 a 9:30 e/ou servizo de mediodía de 14:00 a 15:30.
Prezos
- Campamento: 93 euros por semana.
- Amigos da Fundación: 84 euros por semana.
Servizo de gardaría
- 1 hora ao día: 25 euros/semana.
- 1 hora e 30 minutos ao día: 37 euros/semana.
- 2 horas e 30 minutos ao día: 62 euros/semana.
(Consultar opción de días soltos).
Como formalizar a inscrición
Para reservar a praza será necesario:
- Cubrir e asinar a ficha de inscrición cos datos do neno ou nena, incluíndo posibles alerxias. No caso de irmáns, poderá empregarse unha única ficha.
- Realizar o pagamento mediante transferencia bancaria e enviar o xustificante ao correo electrónico de contacto.
No concepto da transferencia deberá indicarse o nome do neno ou nena e o período de asistencia ao campamento.
- Se a asistencia é dunha ou dúas semanas, o pagamento realizarase de maneira íntegra.
- Para estadías superiores a dúas semanas, o pagamento dividirase en dúas partes: un 50 % ao inicio e o 50 % restante durante a segunda semana de campamento.
A reserva da praza só será efectiva unha vez completados estes dous pasos.
Información importante
Os nenos e nenas deberán traer:
- Un pequeno tentempié e bebida para media mañá.
- Roupa cómoda.
- Algún día tamén bañador, aviso que se comunicará previamente.
Para consultas, avisos ou máis información, pódese contactar a través do correo electrónico: info@salesxardin.com



