Oito campamentos de verán en Vigo
As vacacións escolares complican a conciliación familiar e os campamentos convértense nos mellores aliados da familia para ocupar o tempo da cativada mentres estamos no traballo. Sen saírmos da cidade temos cantidade de opcións. A mellor escolla é aquela que encaixe cos gustos dos nosos pequenos e se adapte ás nosas dinámicas familiares. Aquí van oito opcións para un verán campante! Preme no títutlo de cada campamento para obter máis información.

Ofrecen cada semana unha temática diferente na que se propoñen obradoiros de reciclaxe, arte, cociña, experimentos, concursos e mesmo festas.
Datas: 23 de xuño ata o inicio das clases
Horario: 9:00 h a 14:00 h (opción de madrugadores e comedor)
Idade: 3 a 10 anos
Prezo: a consultar en ciudadaventuravigo.es
Enderezo: Teixugueiras, 19 e Centro Comercial Camelias
A cativada que participe neste campamento trata un tema diferente cada día: fauna, flora, medio ambiente, xincanas, xogos cooperativos… Os grupos organízanse en función da idade, pero todos se adentran na natureza deste espectacular xardín botánico.
Datas: 30 de xuño a 5 de setembro
Horario: 9:30 h a 14:00 h
Idade: A partir dos 4 anos
Prezo: 93,00 € semanais (84,00 € para os amigos da fundación)
Enderezo: Avenida de Europa, 52
Campus no que se combinan os bailes urbanos como o hip-hop, house, breaking ou popping co baile jazz orixinal. Ofrécense tamén actividades complementarias de artes plásticas centradas na reciclaxe.
Datas: 30 de xuño a 1 de agosto
Horario: 9:00 h a 14:00 h
Idade: 6 a 11 anos
Prezo: 119,00 € por semana (descontos ao contratar varias semanas e por irmáns)
Enderezo: Canellón dos Caños, 9
A través do xogo, a expresión corporal e técnicas de improvisación, a rapazada descubrirá a súa capacidade creativa, fortalecerá a autoestima e mellorará a comunicación en grupo.
Datas: 30 de xuño a 11 de xullo
Horario: 10:30 h a 13:00 h
Idade: 6 a 14 anos
Prezo: 135,00 € unha semana / 216,00 € dúas semanas
Enderezo: Praza Francisco Fernández del Riego, 3 local 5C
Este campamento artístico destaca pola amplitude do seu horario (toda a mañá e todo o verán) e pola variedade de actividades que se desenvolven nel: reciclaxe, pintura, baile, debuxo, cociña, lectura creativa… Materiais incluídos.
Datas: 7 de xullo a 5 de setembro
Horario: 9:00 h a 14:00 h
Idade: 6 a 12 anos
Prezo: 120,00 € unha semana, con descontos nas sucesivas semanas
Enderezo: Cafetería Los Girasoles, en rúa Arenal, 144
O club Flic Flac, fundado na nosa cidade en 2003, convida a rapazada a descubrir a ximnasia acrobática a través do acrosport, xogos con camas elásticas e inchables e actividades ao aire libre e na praia. Para participar non é precisa experiencia previa, xa que as actividades se adaptan ao nivel de cadaquén.
Datas: Do 23 de xuño ao 29 de agosto
Horario: 9:00 h a 14:00 h
Idade: 5 a 14 anos
Prezo: 85,00 € unha semana, con descontos nas sucesivas semanas
Enderezo: Polideportivo da ETEA, avenida Marina Española, s/n
Xogos, saídas á natureza nas que se combina o monte e a praia, artes e manualidades, lingua e cultura, música… Un campamento no que brincar, aprender e tecer novas amizades en galego.
Datas: 23 de xuño a 31 de xullo
Horario: 8:30 h a 14:30 h
Idade: 3 a 8 anos
Prezo: Desde 70,00 €
Enderezo: Rúa do Doutor Corbal, 102 (Teis)
Este campamento que se desenvolve na praia de Bouzas ofrece a posibilidade de explorar o litoral galego a través de emocionantes actividades como o caiac, paddle surf, o snorkel e o surfskate, que se combinan con xogos e obradoiros ao aire libre, excursións e descansos na praia.
Datas: 23 de xuño a 12 de setembro
Horario: 8:00 h a 15:00 h
Idade: 8 a 16anos
Prezo: Desde 150,00 € por semana (descontos por semanas e varios nenos)
Enderezo: Rúa de Santa Ana, 9 baixo (Bouzas)

