Diversión, aprendizaxe e desenvolvemento persoal no campamento de Punto & Aparte

Baixo o lema de ser “moito máis ca un campamento”, o campamento de verán Punto & Aparte busca converter as vacacións nunha oportunidade para medrar, descubrir novas habilidades e adquirir ferramentas útiles para a vida cotiá. O programa está deseñado desde unha perspectiva psicoeducativa, poñendo especial atención no desenvolvemento emocional, cognitivo e social dos participantes. Podes inscribirte premendo aquí.

O campamento organízase en dous grupos diferenciados segundo a idade. O primeiro está destinado a nenos e nenas de entre 4 e 6 anos, con propostas máis lúdicas, visuais e manipulativas orientadas ao xogo, á autonomía e á expresión emocional. Pola súa banda, o grupo de 7 a 12 anos afrontará retos máis complexos relacionados coa cooperación, a resolución de problemas, as estratexias de aprendizaxe e as habilidades sociais.

A metodoloxía aposta por actividades dinámicas e motivadoras que permiten aprender de maneira activa e divertida. Entre as propostas destacan os escape rooms, as búsquedas do tesouro, os debates e xogos de rol, as gymkanas emocionais, os obradoiros creativos e os miniproxectos en equipo. Estas actividades contribúen a potenciar a atención, a memoria, a planificación, a empatía, a comunicación e a capacidade para traballar en grupo.

O programa céntrase en aspectos fundamentais para o crecemento persoal dos máis pequenos. Trabállase a xestión emocional, axudando a identificar, comprender e regular as emocións; as funcións executivas, como a planificación ou a flexibilidade cognitiva; e tamén o gusto pola lectura mediante propostas adaptadas a cada idade. Ademais, as matemáticas preséntanse a través de xogos e retos prácticos que fomentan o razoamento lóxico e a resolución de problemas. Outro dos piares do campamento é o desenvolvemento do pensamento flexible e das habilidades para resolver conflitos, promovendo a convivencia, o respecto polos demais e a capacidade de adaptarse a situacións cambiantes.

As actividades desenvolveranse principalmente nas instalacións de Punto & Aparte na rúa Ecuador, 26, que contan con espazos adaptados para o traballo psicoeducativo e as dinámicas grupais. Ademais, o centro incorpora unha nova zona exterior que permitirá combinar as actividades de interior con xogos cooperativos, circuítos de atención e memoria, propostas de regulación emocional e lectura ao aire libre.

Como complemento especial, os venres trasladaranse ao Xardín Botánico da Fundación Sales, un contorno natural no que os participantes poderán realizar actividades ao aire libre como ioga, orientación, gymkanas, xogos cooperativos e proxectos en grupo. Esta experiencia busca fomentar a aprendizaxe en contacto coa natureza e ofrecer unha forma diferente de pechar cada semana.

Co obxectivo de garantir unha atención personalizada, o programa conta con grupos reducidos. Desde a organización destacan que esta fórmula permite adaptar as actividades ás necesidades, fortalezas e intereses de cada participante, favorecendo que cada neno e nena avance ao seu propio ritmo nun ambiente seguro, próximo e motivador.

RESUMO

Datas: xullo e agosto
Horario: 10:00 h a 13:00 h
Idade: 4 a 12 anos
Prezo: 125,00 € por semana (descontos ao contratar varias semanas)
Enderezo: Rúa do Ecuador,26 | Os venres na Fundación Sales
+ información