Un verán cheo de andanzas nos campamentos de Ciudad Aventura de Navia e Travesas

Conciliar non é sempre tarefa fácil, pero desde hai máis dun un ano as familias de Navia contan cun valioso ás na manga: Ciudad Aventura, un espazo polivalente e flexible no que os nenos se divirten e aprenden a través do xogo simbólico e dos obradoiros propostos. Ademais desde este mes de maio Ciudad Aventura conta cun novo espazo na prata baixa do Centro Comercial Camelias.
En ambos centros, cada semana do verán os nenos e nenas gozarán dunha temática diferente e farán actividades relacionadas coa mesma. Actividades principais como arte ou cociña e tamén dinámicas relacionadas co medio ambiente e a reciclaxe. En ambos locais dispoñen de varias estacións de xogo simbólico permanentes: pizzería, camión de bombeiros, estación de policía, mercado, clínica veterinaria, casiñas… Este tipo de xogo libre fomenta a creatividade e imaxinación da cativada, axúdalles a construír mellores relacións sociais e a comprender mellor o mundo que os rodea.

Resumo
Ofrecen cada semana unha temática diferente na que se propoñen obradoiros de reciclaxe, arte, cociña, experimentos, concursos e mesmo festas.
Datas: 23 de xuño ata o inicio das clases
Horario: 9:00 h a 14:00 h (opción de madrugadores e comedor)
Idade: 3 a 10 anos
Prezo: a consultar en ciudadaventuravigo.es
Enderezo: Teixugueiras, 19 e Centro Comercial Camelias e Centro Comercial Camelias