Campamentos de verán
Queda menos para o período estival e con el chegan as vacacións da cativada. Para que poidamos conciliar, na cidade hai diversos espazos que ofrecen campamentos nos que os pequenos pasan un tempo divertido mentres experimentan novas actividades na compañía doutros rapaces.

A través do xogo dramático, a improvisación e o traballo corporal, a rapazada descobre as súas capacidades expresivas sen presións nin xuízos. Aquí aprenden a escoitar, a propoñer, a crear en grupo e, sobre todo, a confiar en si mesmos. Toda unha aventura creativa!
Datas: 29 de xuño a 10 de xullo
Horario: 10:30 h a 13:00 h
Idade: 6 a 14 anos
Prezo: 135,00 € unha semana / 216,00 € dúas semanas

Na frondosidade deste espectacular xardín botánico, os pequenos coñecen a fauna e a flora de primeira man a través de diversas propostas. Lévanse a cabo xogos, actividades deportivas, xincanas e obradoiros de educación e concienciación ambiental.
Datas: 22 de xuño a 4 de setembro
Horario: 9:30 h a 14:00 h (servizo madruga e comedor)
Idade: A partir dos 4 anos
Prezo: 93,00 € semanais (84,00 € para os amigos da fundación)

Caixiña de Ritmos
Campus no que se combinan os bailes urbanos como hip-hop, house, breakdance ou popping co baile jazz orixinal. Ofrécense tamén actividades complementarias de artes plásticas centradas na reciclaxe.
Datas: 6 a 24 de xullo
Horario: 9:00 h a 14:00 h (posibilidade de entrar antes ou saír máis tarde)
Idade: 6 a 9 anos
Prezo: 119,00 € por semana (descontos ao contratar varias semanas e por irmáns)




