‘Camiño a Camiño’ presenta a súa programación para este outono
Camiño a Camiño da a coñecer as actividades e percorridos previstos para esta nova tempada de outono. Trátase do Programa de Educación Medioambiental da Concellería de Medio Ambiente de Vigo, que ten como obxectivo promover a educación, a sensibilización e o voluntariado entre a cidadanía viguesa.

Nesta ocasión, a programación destaca por unha serie de visitas a contornas naturais singulares en Pontevedra, a carón da Depresión Meridiana, e actividades para desfrutar en familia na Senda Azul do Río Lagares. O cartel completo é o seguinte:

Concretamente, esta fin de semana comezan os paseos e os percorridos. O sábado 27 de setembro, a partir das 16:00 h, ten lugar o primeiro paseo saludable, cun percorrido desde o Mercado de Cabral ata a Desembocadura do Río Lagares (volta en autobús). Pola súa banda, o domingo 28 do mesmo mes, estréanse os percorridos medioambientais, cunha ruta desde Alba (Pontevedra) ata a Fervenza do Río Barosa (Barro), circulando polo trazado do Camiño Portugués.
Ambos procesos de inscrición están abertos, a través do 010 ou 986 81 02 60, cun total de 150 prazas para o paseo e 100 para o percorrido.
As hortas urbanas proseguen a súa actividade habitual ata o mércores 1 de outubro, que entra o horario de inverno: 10:00 – 13:00 h pola mañá e 16:00 – 19:00 h pola tarde. Para poder participar nas mesmas é preciso realizar o Curso básico de hortas urbanas, dispoñible entre o 23 e 25 de setembro.
Do mesmo xeito, os voluntariados medioambientais continúan no Monte da Guía, nos sendeiros locais e na caneira municipal. Aqueles que desexen participar, tamén precisan realizar o Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental, previsto para o 24 de setembro.




