Calendario para un verán en familia: 10 plans en Vigo
Obradoiros artísticos, actividades didácticas en museos, concertos e festivais son algúns dos eventos que a cidade de Vigo organiza para as familias. Existe unha longa lista de formas coas que maiores e pequenos poden gozar do verán, en moitas ocasións de balde. Ofrecemos unha selección de 10 citas de interese en Vigo.

MARCO:
A área didáctica do MARCO ofrece unha programación especial de verán, durante o mes de xullo, que inclúe actividades para todos os públicos, idóneas para pasar un bo rato en familia.
- Os martes, mércores e venres (de 12:00 h a 13:30 h): Obradoiros infantís para os nenos e nenas de entre 3 e 6 anos.
- Os xoves de 11:00 h a 12:30 h: Laboratorios artísticos para participantes a partir de 6 anos. Os adultos acompañantes poden tomar parte activa no obradoiro.
- Os martes, mércores e venres, de 10:30 h a 12:00 h: Visitas e obradoiros á medida para grupos de todas as idades. O mínimo é de 10 e máximo 25 participantes por grupo. No caso de grupos pequenos, poden completarse con outras reservas.
As actividades son gratuitas, con inscrición previa.
+ info
SALINAE:
O centro arquelóxico Salinae organiza, no mes de xullo, distintas actividades gratuítas con reserva previa para familias. A programación didáctica vai dirixida fundamentalmente a familias con integrantes de máis de 8 anos.
- Os martes ás 11:30 h celébrase o obradoiro didáctico Os Fogóns de Apiciu. Arredor das cociñas da antiga Roma, ensínanse as artes culinarias do pasado.
- Os mércores, venres e domingos, ás 11:30 h e 12:30 h, impártense visitas guiadas. Baixo Os Nosos Pés é un paseo polo subsolo da cidade para coñecer os vestixios romanos máis importantes da contorna.
- Os xoves ás 11:30 h impártese o obradoiro familiar SalinART. Dirixido á cativada de entre 4 e 6 anos, explícase a modo de conto o que era a salina e como funcionaba. Tamén realízase unha manualidade con sal para rematar.
- O sábado ás 11:30 h organízase o obradoiro familiar As Lucernas Romanas. Nel, explícanse os usos das lucernas, elementos romanos para alumar os distintos espazos, rematando por crear unha.
MUSEO DO MAR DE GALICIA
A programación para o mes de xullo no Museo do mar de Galicia inclúe distintas actividades didácticas, entre as que se inclúen:
- Martes e sábados ás 11:30 h: Descubrindo o acuario. Visita temática ao acuario para coñecer a fauna que habita na nosa ría. (+ 5 anos)
- Mércores e venres ás 11:30 h: Quero Ser un Vikingo. Visita á exposición temporal ‘Viquingos, unha ollada desde Galicia’, cun obradoiro de creación dun casco viquingo. (4 – 7 anos).
- Xoves ás 11:30 h: Gabinete Científico. Fósiles. Obradoiro familiar coa creación dun fósil. (+8 anos)
- Domingo ás 11:30 h: Viquingueando. Visita á exposición coa creación dunha placa co nome escrito en runas. (8-12 anos)
- Martes, xoves e sábado ás 17:00 h: Un paseo polo mar. Visita guiada polas diferentes salas do museo para coñecer a historia mariñeira de Galicia. (+ 8 anos)
- Mércores, venres, e domingo ás 17:00 h: Viquingos unha ollada desde Galicia. Visita guiada pola exposición temporal. (+ 8 anos).
VIGO NATURE
Vigo Nature propón actividades arredor do medio ambiente. Actividades na horta, enriquecemento ambiental, A cara oculta da lúa e coñecendo o noso Sol son algúns dos nomes das actividades propostas para aprender en familia sobre a natureza.
CC VIALIA
O centro comercial Vialia programa semanalmente unha serie de actividades dirixidas aos máis pequenos da casa. Do 14 ao 20 de xullo ofrecen o martes ás 18:30 h o taller infantil Desafio de baile e o venres ás 18:00 h a festa da auga infantil. Tamén, o sábado organizan un torneo de speedcubing (cubo de rubik)

VISITAS TEATRALIZADAS Á VILA ROMANA DE TORALLA
Os xoves de xullo e agosto, a vila romana de Toralla recibe visitas guiadas para coñecer como se desenvolvía a vida da época romana nela. Os figurantes vestidos con roupaxe da época, recrean distintas escenas cotiás como a venda de escravos ou a loita de gladiadores. Haberán dous pases, un ás 20:00 h e outro ás 21:00 h. A entrada é libre ata completar o aforo.
BIBLIOTECA PÚBLICA XOSÉ NEIRA VILAS
O 4 e o 6 de agosto ofrécese un obradoiro infantil de maxia. Nel, ensínase aos máis pequenos e ás súas familias a facer trucos de maxia, que poderán fabricar eles mesmos. Búscase estmular a creatividade e desarrollar a comunicación.
PROGRAMACIÓN INFANTIL DE CASTRELOS
O Auditorio de Castrelos tamén é espazo para a diversión en familia. Entre os eventos dirixidos á cativada, atopamos os seguintes espectáculos gratuítos:
- 16 de xullo: ¿De qué color es un beso? Musical basado no libro de Rocío Bonilla.
- 12 de agosto: La Bella y la Bestia. 12 de agosto. Adaptación do conto popular francés, dirixido a todos os públicos

FESTIVAIS
Algúns dos festivais de verán inclúen programación para nenos e nenas. Este é o caso da XXV edición de O Marisquiño o próximo 8 de agosto, que inclúe distintos obradoiros para iniciar aos máis pequenos na cultura urbana. Tamén The Wild Fest aposta pola inclusión de todos os rangos de idade, a través de distintas actividades infantís. Este último, celébrase do 5. ao 7 de setembro no Parque Forestal San Miguei de Oia.
VIII INTERPLANETARIO
Os días 18,19 e 20 de xullo, o Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo acolle a oitava edición do Interplanetario. O evento consiste en tres días de actividades relacionadas co universo INFINITY. O punto forte é unha competición internacional entre xogadores dunha longa lista de países. Trátase dunha experiencia única durante unha fin de semana chea de entretemento e diversión. Comeza ás 9:00 h e remata ás 21:30 h.
+ info

