De Katy Perry a Iron Maiden: calendario de festivais de Galicia en 2026
A primavera e verán veñen cargados de música para todos os gustos e xa coñecemos a data de celebración dunha vintena de festivais en Galicia. Algúns teñen os carteis completos, outros anuncian as primeiras confirmacións, e moitos teñen entradas á venda ou próximas a estar dispoñibles.

FESTIVAL JALEO – 11 de abril en Santiago de Compostela
O Multiusos do Sar acolle un dos primeiros festivais da temporada 2026. Recibirán a primavera bailando con Ultraligera, Xoel López, Ojete Calos, Sidonie e De Ninghures. A entrada ten un prezo de 47,00 € en Ataquilla.
FIV – 24 e 25 de abril en Vilalba
La M.O.D.A, carlos Ares, Alcalá Norte, Ángel Stanich e Reption encabezan o festival da primavera do municipio lucense. Os abonos poden adquirirse por 45,00 € na web do festival.
OURENSOUNDFEST – 22 a 24 de maio en Ourense
La M.O.D.A, Siloé, Carlos Ares, Alcalá Norte e Love of Lesbian encabezan a 11ª edición do festival. Abonos por 64,00 €.
RIOT GZ FEST – 22 e 23 de maio en Lugo
Un dos poucos festivais de punk que quedan en Galicia ten como cabeza de cartel a Evaristo. Cockney Rejects, The Rumjacks, Ruxe Ruxe e The Toy Dolls tamén forman parte do cartel. O abono ten un prezo de 70,00 €.
O SON DO CAMIÑO – 18 a 20 de xuño en Santiago de Compostela
O maior festival de Galicia, que se celebra no Monte do Gozo, ten anunciados tres dos cabezas de cartel da vindeira edición: Katy Perry, Linkin Park e Dani Martín. Os abonos están á venda por 147,00 € na web do festival.
FUMEGA FEST – 26 e 27 de xuño en Betanzos
O festival de rock, stoner e psicodelia que naceu en 2025 ten xa confirmada unha segunda edición. O gran reclamo é a banda ucraína Stoned Jesus e tamén estarán Conan, Burst, Moura ou Causa Sui. Os abonos teñen un prezo de 57,00 €.
GALICIA FEST – 26 e 27 de xuño en Vigo
Polo momento, a organización non fixo público ningún nome do cartel da segunda edición nin puxo as entradas á venda.
RESURRECTION FEST – 1 a 4 de xullo en Viveiro
O festival xa publicou o cartel completo por días da súa 21ª edición, con bandas como Iron Maiden, Sabaton, Limp Bizkit, Marilyn Manson, A Day To Remember, Anthrax, Trivium e Mastodon, entre varias ducias. Os abonos custan 250,00 € na web do evento.
SILFEST – 2 a 4 de xullo noBarco de Valdeorras
Cartel xa publicado con nomes como Morgan, La Paloma, Puño Dragón, Hinds, L.A., ademais de praia fluvial e experiencias para público familiar. O abono custa 50,00 €.
FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA – 9 a 12 de xullo en Ortigueira
Aínda que por agora non se coñece a programación artística. O festival é de balde.
PORTAMÉRICA – 9 a 11 de xullo en Caldas de Reis
O festival ten xa publicado o cartel por días da vindeira edición con moitos nomes publicados, como Rigoberta Bandini, Hombres G, M-Clan, Sexy Zebras e Dani Martín. O abono custa 88,00 €.
GOZO FESTIVAL – 11 de xullo en Santiago de Compostela
Entre as confirmacións destacan Maroon 5, Martin Garrix, Rita Ora, Danny Ocean e Miriam Rodríguez, consolidándose como un evento orientado ao gran público e á música pop e electrónica internacional. Entradas á venda desde 63,00 € na web do festival.
BIGSOUND – 17 e 18 xullo en Pontevedra
A citade música urbana, que chegou a Pontevedra en 2025, ten xa un completo cartel anunciado para o verán de 2026 con María Becerra, Nathy Peluso, Ana Mena e Juan Magán entre outros. O abono ten un prezo de 66,00 €.
ATLANTIC FEST – 17 a 19 de xullo en Vilagarcía de Arousa
As primeiras confirmacións do festival son Franz Ferdinand, Two Door Cinema Club Nacho Vegas e Carlos Ares. Os abonos están á venda por 70,00 €.
SON DO MAR E SACHASO ROCK – 23 a 25 de xullo en Meaño
O concello do Salnés acolle un festival dividido en tres xornadas, a primeira de pop-rock ( Luis Fercán) a segunda de música urbana e latina (Lia ali, 9 Louro), e a terceira coa VII edición do Sachaso Rock, protagonizado por Europe e Bala. Diferentes combinacións de abonos na web do festival.
MORRIÑA FEST – 24 e 25 de xullo na Coruña
O festival de música urbana e pop confirmou unha primeira quenda de artistas na que se inclúen Myke Towers, Juanes, Hard GZ e Belén Aguilera. Os abonos teñen un prezo de 75,00€.
17° RIBEIRA SACRA FESTIVAL – 24 a 26 de xullo en Sober
O festival da Ribeira Sacra lucense non ten aínda artistas confirmados, pero fará unha prevenda de 200 entradas o 30 de decembro. Entre as persoas que adquiran esas entradas sortearán unha noite no parador de Monforte e un menú degustación no restaunte con estrela MichelínVértigo.
SONRÍAS BAIXAS – 30 de xullo a 1 de agosto en Bueu
La M.O.D.A, La Pegatina e Hoonine son as primeiras confirmacións do festival. O abono ten un prezo de 61,00 €
RíO VERBENA FEST – 21 e 22 de agosto en Pontevedra
O certame musical pontevedrés ten xa tanto abonos como cartel a disposición do público. Poderase escoitar a Love of Lesbian, Siloé, La La Love You, Carlos Ares ou Sidonie. O abono de dous días custa 73,00 €.
RECORDA FEST – 4 e 5 de setembro na Coruña
O festival contará con Beret, Juan Magán, La M.O.D.A e Taburete, entre outros. Os abonos teñen un prezo de 50,00 €.
OSA DO MAR – 4 a 6 de setembro en Burela
Arume, Depedro, Éxtasis e Gara Durán forman parte da primeira quenda de confirmacións do certame. As entradas aínda non están á venda.
CAUDAL FEST – 18 e 19 de setembro en Lugo
Autoproclamado “a última gran festa do verán” o festival lucense desfrutará dos concertos de Lori Meyers, Siloé, Ultraligera, Xoel López, La La Love You, Sanguijuelas del Guadiana…Os abonos custan 67,00 € e poden adquirirse na web do festival.

