Aberta desde xullo de 2011, Le Maché de Rachel é máis que unha tenda. É unha combinación de ilusións, soños, gusto polas almas artesás e os elementos con encanto. Catro paredes cheas de encanto parisiense e a coquetería dos anos 50. Neste establecenmento poderemos atopar tanto de marcas nacionais como internacionais que mostran coa arte de vestir e calzar a Ler máis...
Resultados para:
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Google Map Not Loaded
Sorry, unable to load Google Maps API.
-
Un espazo de lecer especialmente pensado para gozar. Cun ambiente distinguido e acolledor, Albatros preséntase como a aposta segura para un plan inesquecible. A súa cociña gourmet de vangarda, baseada na calidade do produto galego de mercado, é o complemento perfecto para a beleza sutil que a Ría de Vigo móstranos desde todos os seus espazos. A súa versatilidade convérteo Ler máis...
-
O seu dono, o músico Tincho Fernán, define O Lar das Artes como un asador cultural. Ubicado en Matamá, é un churrasco con identidade propia que combina unha oferta gastronómica cos clásicos do xénero e unha aposta firme por actuacións artísticas e exposicións regulares. No restaurante poderedes gozar do mellor ABC ás brasas: cerdo, tenreira e polo, pero tamén de Ler máis...
-
A tapa do barril é un local de comida tradicional, famoso na cidade polas súas empanadillas, con moitos tipos de recheos e sempre quentiñas, acabadas de facer. Esta tapería abriu as súas portas en 1972 e hoxe en día conta con dous establecemento: Rúa López Mora, 63 e Praza Porta do Sol, 4. A súa carta está dispoñible na web https://www.atapadobarril.es/ e Ler máis...
-
A El Trigal o oficio vénlles de familia. Xeracións enteiras creceron entre fornos de leña, fariña, froitas, chocolate e azucre. Aprenderon que cada cousa necesita o seu tempo e que para poder gozar dun bo pan este debe amasarse con mimo, deixar que fermente lentamente para conseguir que a súa textura sexa fina e esponxosa, cocelo a lume lento para Ler máis...
-
Take away, tenda de roupa, galería de arte, taller de cursos… La Contenedora é un espazo polivalente rexentado por Leticia Rodríguez e Saúl Seoane, creadores en 2019 do proxecto Alga Clases y Talleres. Este contedor creativo alberga propostas artísticas, comerciais, culturais, formativas e hostaleiras co que se busca darlle unha nova vida a esta rúa transversal á do Príncipe Aos Ler máis...
-
Galería Maraca é un punto de encontro creativo co espíritu de dar cabida ás tendencias artísticas que teñen pouca recepción nas galerías convencionais. Unha proposta onde poderás atopar as novas tendencias da cultura pop contemporánea convivindo ilustración, deseño e arte nun espacio curado desde Chachchá Studio con cariño, pasión e moitas cousas de molar. Ler máis...
-
Estadounidenses asentadas en Vigo desde a década dos setenta, Deborah Randall e Robyn Spence dirixen este pioneiro centro de ensino desde 1988. A grande experiencia como profesoras de inglés que teñen as dúas animounas a abrir unha baseada no método comunicativo. «A énfase non debería estar centrada nos exames, aínda que os preparamos todos; un idioma é para usalo e Ler máis...
-
Un clásico da noite viguesa no centro da cidade desde 1985. Un ambiente alternativo, relaxado e bohemio cunha decoración tan ecléctica e vintage como a música que soa. Unha ampla carta de copas e cervexas artesás galegas ou de importación. Cunha emblemática escaleira de caracol para te levar a un dos máis románticos agochos na cidade olívica. Sen esquecermos do Ler máis...