É un bar restaurante temático onde cada mes un mundo diferente se apropia do espazo creando unha fantasía envolvente onde se suceden experiencias como ceas a cegas, escape rooms ou espectáculos con actores e enigmas que revolver. Puro Delirio é imaxinación sen límites. Un local ideal para calquera ocasión, dispoñen dunha variada oferta de menús cerrados para grupos cunha barra Ler máis...
Resultados para:
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Google Map Not Loaded
Sorry, unable to load Google Maps API.
-
-
A través de soportes como a camiseta e artigos de regalo, tratan de reivindicar identidade galega, desde unha perspectiva contemporánea, enfrentando os iconos actuais e imaxinería popular da que tan orgullosos estamos! Todo isto é o que pretenden amosar nos seus deseños e para iso contan coa colaboración de diferentes ilustradores do país. Se non tes oportunidade de pasar por Ler máis...
-
Un clásico da noite viguesa no centro da cidade desde 1985. Un ambiente alternativo, relaxado e bohemio cunha decoración tan ecléctica e vintage como a música que soa. Unha ampla carta de copas e cervexas artesás galegas ou de importación. Cunha emblemática escaleira de caracol para te levar a un dos máis románticos agochos na cidade olívica. Sen esquecermos do Ler máis...
-
Estadounidenses asentadas en Vigo desde a década dos setenta, Deborah Randall e Robyn Spence dirixen este pioneiro centro de ensino desde 1988. A grande experiencia como profesoras de inglés que teñen as dúas animounas a abrir unha baseada no método comunicativo. «A énfase non debería estar centrada nos exames, aínda que os preparamos todos; un idioma é para usalo e Ler máis...
-
Antía Sánchez é unha artista interdisciplinar con ampla experiencia no mundo da creación e da docencia, e domina con soltura técnicas como a cerámica, a colaxe, o debuxo ou a pintura. Desde o 2005 dá cursos en diferentes centros (universidade, fundacións, centros culturais…) e en 2008 abre Zoográfico, o seu primeiro espazo docente independente. Ali, e agora e Alaselva, imparte diferentes Ler máis...
-
Tapería situada no centro de Vigo, rexentada por unha parella, que ofrece unha variedade exquisita de comidas e menús. Baixo o obxectivo de facer unha cociña tradicional e caseira, non deixan de lado a inovación e as novas tendencias sumando a súa carta diferentes opcións vexetarianas e adaptadas a celiacos. Posúe unha ampla terraza no parque da Ronda de Don Ler máis...
-
Un espazo de lecer especialmente pensado para gozar. Cun ambiente distinguido e acolledor, Albatros preséntase como a aposta segura para un plan inesquecible. A súa cociña gourmet de vangarda, baseada na calidade do produto galego de mercado, é o complemento perfecto para a beleza sutil que a Ría de Vigo móstranos desde todos os seus espazos. A súa versatilidade convérteo Ler máis...
-
La Tita Rivera nace da paixón pola cervexa e a boa gastronomía arredor de produtos elaborados en Galicia: a súa variedade de cervexas de Estrella Galicia, as sidras Maeloc e o vermut Rivera, con lúpulo galego; os viños de Ponte da Boga e unha selección de pratos moi apetecibles conforman a súa carta, perfecta para degustar na súa terraza ou Ler máis...
-
Outro Conto é o proxecto de Alba Cobo e Isaac Pujales, un servizo de menús saudables a domicilio no que priman o autoamor e a divulgación dunha alimentación intuitiva e non restrictiva, a loita contra a cultura de dieta e a gordofobia. Alba é unha auténtica activista polo autocoidado a través das súas redes e edita (e vende) o seu Ler máis...