Molotov Club vén revolucionar non só as noites viguesas, senón o panorama cultural. Kaixo e o seu socio Paulo Ruiz abren nunha emblemática sala da cidade un verdadeiro centro cultural no que todo o interesante e de vangarda ten cabida: concertos que van desde o jazz ata o reggae, trap, techno ou reggaeton, sesións jams e vermut, mercadillos, performances, showrooms, Ler máis...
Resultados para:
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Google Map Not Loaded
Sorry, unable to load Google Maps API.
-
A cooperativa A Morada é un espazo de encontro con alma de patio de veciñas onde os coidados, o feminismo e a inclusión están no centro deste proxecto social comunitario. Posto en marcha pola coidadora Majo, a traballadora social Ana e a artista e docente Fedra, mantense fiel a súa idea inicial de crear unha rede de mulleres na que Ler máis...
-
Con máis de 650 centros repartidos polo mundo, case 550 no Estado, e dous en Vigo, a empresa catalá leva dúas décadas dedicándose ao ensino da lingua inglesa mediante un método singular que consiste en aproximar a aprendizaxe deste novo idioma ao da lingua materna, sen agrupar a materia como acontece na educación regulada. E isto como se fai? Pois Ler máis...
-
Aberta desde 1965, Librouro xa se converteu nunha das librarías de referencia no centro da cidade. Cun catálogo xeral e diverso, no que se presta especial atención ao libro en galego, podemos atopar a obra que necesitemos e ser recibidos cun trato profesional e amable. Entre a súa oferta podemos atopar literatura xeral, textos universitarios, libros de idiomas, obras infantís Ler máis...
-
A El Trigal o oficio vénlles de familia. Xeracións enteiras creceron entre fornos de leña, fariña, froitas, chocolate e azucre. Aprenderon que cada cousa necesita o seu tempo e que para poder gozar dun bo pan este debe amasarse con mimo, deixar que fermente lentamente para conseguir que a súa textura sexa fina e esponxosa, cocelo a lume lento para Ler máis...
-
Contando cunha grande experiencia como monitora de taichí en diferentes centros, Ángeles Cristóbal decidiu abrir o seu propio local en setembro de 2022. Alén das clases, o Centro Raíces alberga outras disciplinas afíns que teñan nos exercicios de movemento consciente a característica principal. «Son disciplinas que traballan o estado interior a través do movemento exterior», explica a mestra. Así, atopamos Ler máis...
-
El Cañaveral é un lugar de encontro onde pasar un bo anaco escoitando música ao vivo, desfrutando de eventos para toda a familia e, por suposto, saborear a oferta culinaria cunha carta que se adapta ás mañás, ás tardes e ás noites. Chamar restaurante ou cafetería a este establecemento quédase curto, isto é un espacio multifuncional onde desde o máis Ler máis...
-
La Tita Rivera nace da paixón pola cervexa e a boa gastronomía arredor de produtos elaborados en Galicia: a súa variedade de cervexas de Estrella Galicia, as sidras Maeloc e o vermut Rivera, con lúpulo galego; os viños de Ponte da Boga e unha selección de pratos moi apetecibles conforman a súa carta, perfecta para degustar na súa terraza ou Ler máis...
-
A Sala Rebullón localízase dentro do Centro Social, Cultural, e Deportivo, As Pedriñas, configurando así, un “Territorio Cultural” a escasos 10 min en coche do centro de Vigo. Nun radio de 20km atópanse cunha poboación de case 500.000 persoas de público potencial para tódolos os seus eventos. Amplio estacionamento para máis de 200 coches e unhas comunicacións inmellorables. En sí, Ler máis...